Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Agricultura Viño D.O. Valdeorras

UUAA RECHAZA LEVAR A PLENO AS MULTAS POLOS RENDEMENTOS AOS VITICULTORES DE VALDEORRAS

Non cabe penalizar aos produtores cando se perdoa as adegas

~~Unións Agrarias rexeita de plano levar ao Pleno do Consello Regulador Valdeorras as multas polos rendementos na última vendima. O sindicato manifesta que a convocatoria do vindeiro 9 de febreiro inclúe no segundo punto da orde do día a votación da tramitación de expedientes a viticultores, o cal resulta de todo punto disparatado xa que estas resolucións non son propias do Pleno.

Por outra banda non se entende que se pretenda sancionar aos produtores cando os verdadeiros culpables dos desaxustes nos rendementos son as adegas que son as contabilizan as entregas dos viticultores. Desde o sindicato advírtese que non van a deixar que recaia sobre os viticultores unicamente as consecuencias dun sistema análise da produción que dista moito de ser eficaz. Polo que se insiste na necesidade de sentarse a falar para mellorar a calibración entre rendemento teórico e produción real.

A organización agraria, lembra que cando na Denominación de Orixe Rías Baixas se prantexou unha situación similar na que tamén se pretendía que os produtores foran os “paganos” do mal funcionamento do regulamento, foron os xulgados os que puxeron a cada un no seu sitio, fallando en tódolos a favor do agricultores. UUAA insiste que aínda hai marxe de acordo, pero non lle vai a tremer o pulso en trasladar a Xustiza se continúa este atropelo aos produtores de Valdeorras, polo que anima aos afectados a que acudan a sede do sindicato para informarse dos seu dereitos.





Volver

















































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
Nota legal - privacidade - cookies   
diseño web