Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Avicultura

A SUBA DA ENERXÍA E A CAÍDA DE PREZOS COLAPSAN A AVICULTURA

A Xunta de Galicia despreza aos produtores de polos ao excluílos das axudas de modernización e de aforro e eficiencia enerxética para as súas explotacións

~~O sector avícola de carne é unha das producións gandeiras máis afectada pola suba do prezo da enerxía xa que a calefacción e electricidade supoñen máis do 30% dos custos de produción.
Dende o ano 2009 o gas propano a granel subiu un 53,37% (62,72% se temos en conta a suba do IVE e que dende xaneiro de 2013 xa non está exento do imposto de hidrocarburos de 15€/Tn) e a electricidade en máis dun 73%.
Pola contra, o prezo que percibiron os granxeiros pola súa actividade de cría de polos permaneceu estable dende o ano 2007 ata o ano 2012, e reduciuse no ano 2013 debido á presión das cadeas de distribución alimentaria que empregan a carne de polo como produto reclamo e ao descenso da produción de 1,5 crianzas nun ano polo incremento inxustificado do tempo de baleiro sanitario por parte das empresas integradoras.
Así pois, os produtores de polo de Galicia rexistraron perdas nos últimos cinco anos duns 11.300€ debido á suba dos gastos enerxéticos e duns 12.400€ como consecuencia da redución do número de crianzas imposta polas integradoras no ano 2013. Unhas perdas medias de máis de 23.500€ por granxa que ascenden a máis de 19 Millóns de euros para o conxunto do sector en Galicia.
Unións Agrarias e a Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia (ACRIAGA) instan á Xunta de Galicia a que poña en marcha de medidas de apoio ás explotacións avícolas para que poidan acometer investimentos que incidan na redución de custos mediante estratexias de aforro e a eficiencia enerxética.
Neste sentido, reclaman que a Consellería do Medio Rural inclúa as obras e instalacións necesarias que se  acometan nas granxas de polos na próxima convocatoria das axudas para a modernización das explotacións agrarias, coñecidas como “Plans de Mellora”, como medida de aforro de custos e aumento da competitividade. Así mesmo, solicitan que as axudas a proxectos de enerxías renovables convocadas anualmente polo INEGA consideren admisible os xeradores de aire quente que empregan biomasa como combustible, xa que é a tecnoloxía máis axeitada para a calefacción das granxas.
 





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web