Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Avicultura

UUAA TRASLADA Á COMPETENCIA AS PERDAS DO SECTOR DO POLO

O sindicato prepara un plan de medidas contundentes contra a distribución

~~O sindicato Unións Agrarias e a Asociación de Criadores de Aves de Galicia, trasladáronlle ao presidente do Consello Galego de Competencia, Francisco Hernández Rodríguez, a situación insostible na que se atopa o sector avícola en Galicia polas prácticas de ventas a perdas nas que están entrando algunhas cadeas de distribución.

No encontro, no que participaron Javier Iglesias, secretario de Gandería de UUAA e Javier López, presidente de Acriaga, púxose especial fincapé na necesidade de que o citado órgano de arbitraxe actúe contra a política comercial da distribución, que parece procurar desmantelar o sector da produción de carne de polo en Galicia para que os consumidores non teñan máis opción que mercar produtos de importación.

Esta realidade ven sendo denunciada polos produtores que ven como cada mes van perdendo renda polas baixadas de prezos e as subas nos custes da enerxía, penso e tratamentos nas granxas.  Unións Agrarias e ACRIAGA están auditando semanalmente as grandes superficies, tanto mediante tipos de compra como con reportaxes fotográficos das promocións e ofertas, co fin de elaborar un dossier que deixará as claras as prácticas fraudulentas de venta a perdas.

Do mesmo xeito, estase documentando a estafa que se lle traslada aos consumidores aplicando sobreprezos a determinados produtos para compensar os saldos na carne de polo. O sindicato está preparando un plan de medidas contundentes en todo o territorio do Estado para frear a precarización da actividade produtora no sector do polo. Este paquete de medidas, que sendo sincronizado por todas as organizacións territoriais de UPA, terá unha aplicación inmediata e un carácter contundente.

Desde 2013 xa pecharon 120 granxas e déronse perdas no sector de máis 50 millóns o que está poñendo en perigo máis de 5.000 empregos dada a situación financeira que atravesan e produtores, fábricas de penso, matadoiros, industrias de transformación, etc.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web