Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

“O MEDIADOR É IMPRESCINDIBLE NUN MERCADO SEN COTAS”

UUAA pide a Medio Rural ferramentas de futuro para o sector lácteo

~~O futuro do sector lácteo galego vai depender das ferramentas de control que se habiliten desde as institucións para dotar de estabilidade económica e comercial ás explotacións gandeiras de Galicia. Así llelo trasladou o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García a directora xeral de Producións Agroalimentarias, Patricia Ulloa, no marco dunha reunión mantida hoxe na Consellería de Medio Rural.
 
A inminente supresión das cotas lácteas pode supoñer un cataclismo para as 10.000 explotacións que se manteñen abertas en Galicia sen figuras como a dun mediador que arbitre entre gandeiros e industrias en caso de desacordo no prezo de venta do leite. Proba desta realidade son os pobres resultados dos 18 meses de vixencia da Lei da Cadea Alimentaria que nin logrou dotar as granxas de contratos dun ano de duración nin mantivo os prezos máis alá dos movementos especulativos motivados pola incremento da demanda dos países emerxentes. E tampouco axudou ao desenvolvemento das organizacións de produtores.
 
Desde Unións Agrarias sempre se apostou por mecanismos de sanción reais contra aqueles que atentan con prácticas comerciais fraudulentas para debilitar un sector económico puntal da economía galega como é o lácteo. Neste sentido, non é de recibo a situación na que se atopan neste momento máis do 80% das explotacións de Galicia sen contrato de venta e polo tanto en mans da especulación que non dúbida en traficar con cisternas de leite por debaixo de custes traídas de Francia ou Portugal para rebentar o sector produtor galego.
 
Finalmente, desde UUAA tamén se lle trasladou a Xunta de Galicia a información da que dispón respecto do inicio dunha campaña de venta de leite de saldo por parte dunha distribuidora galega que sen dúbida vai a desembocar nunha nova guerra de prezos a baixa na que as únicas vencedoras serán as grandes cadeas francesas e alemás e as vítimas os produtores galegos. Algo que resultaría intolerable se Medio Rural non actúa para evitalo.  





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web