Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA RECELA DA CORRECCIÓN EN ELECCIÓNS DO PAQUETE LÁCTEO

Lamenta que non se teñan reunido cos produtores para coñecer a súa situación

~~O sindicato Unións Agrarias agarda que os resultados da reunión, en plena caravana electoral, do presidente da Xunta coa nova ministra de Agricultura para corrixir o paquete lácteo, vaian máis alá das boas palabras e se concreten nunha modificación profunda da norma. Despois de 18 meses de fracaso do decreto, resulta intrigante que sexa precisamente nesta semana cando se aposta pola modificación do mesmo, emendando a acción política do ex ministro Arias Cañete e vindo a recoñecer o que os produtores viñan reclamando desde hai ano e medio.
Neste sentido, UUAA insiste, tal como xa lle trasladara a Isabel García Tejerin e conselleira Rosa Quintana, que é preciso establecer unha duración mínima de dous anos dos contratos polos que se regula a venda de leite para protexer os gandeiros galegos do risco de que en certas zonas no se lles recolla o leite no escenario sen cotas lácteas que se abrirá o 1 de abril de 2015. O sindicato considera imprescindible que este novo modelo estea operativo na renovación dos contratos este mesmo xullo.

Por outra banda, o sindicato lembra que é imprescindible que as industrias estean obrigadas legalmente a presentar aos gandeiros un contrato por escrito que contemple prezos, volume e forma de pagamento; así como que se habilite dunha vez o mediador para que realmente exista negociación entre as partes nun sector no que se intercambia un ben perecedoiro.

Despois desta reunión dos máximos responsables de Xunta é Ministerio de Agricultura, non hai ningunha escusa para non perseguir a venta a perdas que se realiza mediante a introdución de cisternas de leite doutros países en territorio galego e que se fixe un prego de sancións económicas reais para castigar a quen incumpra algún dos anteriores preceptos.
 
Finalmente, UUAA propón que a Administración controle que nos contratos desta última campaña non se supere unha sobreprodución do 5%, para evitar o pagamento dunha multa multimillonaria pola supertaxa. Con este mecanismo, lograríase unha distribución equitativa das posibilidades de sobreprodución dos gandeiros, o que implicaría impedir que os máis potentes entreguen aos seus receptores ata un 30% de leite de máis, o que arrastraría ao resto ao abono da sanción.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web