Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA PIDE A MEDIO AMBIENTE QUE ESCOITE AOS PRODUTORES

A falta unidade de criterio entre os departamentos de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia está provocando que as explotacións lácteas máis punteiras de Galicia, vexan comprometida a súa viabilidade económica no momento máis crítico de adaptación ao modelo de produción sen cotas.

~~Ante a falta de acción por parte da administración e tras as numerosas queixas recibidas por parte dos produtores nas oficinas de Unións Agrarias, o sindicato vén de solicitar unha reunión con carácter urxente co Secretario Xeral de Calidade e Avaliación da Consellería de Medio Ambiente, Justo de Benito Basanta, na que se espera poder atopar unha solución á problemática en onde se demandará unha actitude máis responsable por parte da Consellería.
Medio Ambiente está comunicando ás explotacións que solicitaron Plans de Mellora que deben cumprir o trámite de Incidencia Ambiental para a autorización das mesmas, pero cunhas novas condicións que Medio ambiente se inventa, sen ter base legal ningunha, respecto á capacidade das fosas de purín, á obligatoriedade de cubrición e á división das mesmas.
Estes novos requisitos únense aos retrasos da inoperante Lei de Emprendemento por falta de coordinación entre as diferentes administracións o que obriga aos gandeiros a peregrinar polas distintas ventaniñas. Neste sentido, expedientes que non tiñan que ser sometidos a procesos como Incidencia ambiental, están sendo enviados a Medioambiente co conseguinte retraso e posibilidade de que sexa denegada a axuda que teñen solicitada ante a Consellería de Medio Rural. Este cambio de criterios realizouse unha vez finalizado o prazo de solicitude das axudas e polo tanto, os requisitos que esixe Medio Ambiente teñen que ser soportados integramente polos gandeiros.
UUAA esixe que non se teñan en conta os novos criterios por Medio Ambiente ata que se discutan co sector e se publique a normativa correspondente, do mesmo xeito o sindicato pide a Medio Rural que amplíe o prazo para poder presentar as licencias de obra para evitar que queden fóra expedientes por este motivo.
 





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web