Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA RECLAMA MELLORAS NA CAMPAÑA DE SANEAMIENTO GANDEIRO NA COSTA DA MORTE

~~Unións Agrarias ven de reclamar á Xunta de Galicia que introduza melloras na campaña de saneamento gandeiro na Costa da Morte, tras detectarse falsos positivos de tuberculose que perxudican a economía das explotacións.

O sindicato está mantendo desde hai máis dun mes reunións con responsables da Consellería do Medido Rural para tratar esta problemática, aínda de momento sen éxito.

A organización agraria pon de manifesto o interese de todo o sector por manter unha cabana gandeira san, pero tamén pon de manifesto a importancia de realizar de xeito acertado as analíticas xa que se nunha granxa un dos animais da positivo, hai que inmovilizar ao resto e a única forma de verificar que ese positivo é real é cando se leva a res ao matadoiro, onde moitas veces comprobase que ese animal realmente estaba san.

Desde UUAA insístese en que a Xunta aclare cantas granxas se viron perxudicadas e se que estude melloras na campaña de saneamento animal para que la cabana gandeira estea libre de enfermidades e para darlle garantías al consumidor.

 

Desde o sindicato pídese que cando se sacrifiquen animais que finalmente estean sans, aumenten las indemnizacións, que na actualidade son insuficientes, posto que os gandeiros reciben no mellor dos casos 600 ou 700 euros por animal cando comprar outro custa 2.000 euros.

 





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web