Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA LEMBRALLE AO PP QUE SO A ACCIÓN POLÍTICA SALVARÁ A GANDERÍA

O sindicato cualifica de escapismo culpar os produtores das baixadas no leite

~~O sindicato Unións Agrarias rexeita por contradictorias as declaracións da deputada do PP Isabel Pacín no Parlamento galego nas que pouco menos culpaba ás Organizacións de produtores lácteos, das caídas nos prezos que situaron aos gandeiros galegos a cola de de todo o Estado xunto con Baleares e con tres céntimos menos da media da UE, que chega a cinco céntimos de diferencia respecto a países como Alemania.

Resulta politicamente impresentable que se hai meses desde a Xunta e o Partido Popular se colgaban medallas polas subas do prezo do leite agora que cambiaron as tornas acusen aos propios gandeiros os responsables dos seus males. UUAA valora como escapista unha argumentación na que se pon acento unicamente no tamaño das OPL –so ULEGA agrupa a máis de 3.000 gandeiros e máis de 500.000 toneladas de cota- e se agocha que desde o propio Miniterio de Agricultura se recoñece o fracaso do Paquete Lácteo e a necesidade de dotar a normativa de caracter sancionador real.

Así, desde a organización sindical reiterase que o prezo do leite seguirá caendo en Galicia mentras desde a Consellería e o Ministerio non se impulsen medidas como a figura do mediador e un rexime forte de sancións para que as empresas lácteas non lles saia completamente gratis levar 18 meses imcumplindo a lei.

Coa posta en marcha do Paquete Lácteo as industrias adquirian a obriga de negociar contratos cunha duración mínima de un año. Porén na actualidade en Galicia unhas 7.000 explotacións atópanse sen contrato e as que si o teñen, estes son de poco mais de 3 meses cando tiñan que ser dun ano e estos son de imposición na que non existe negociación.

O sindicato esta realizando unha campaña informativa aos gandeiros para non cedan a chantaxe das industrias que os orbrigan a asinar este tipo de contratos. Para o sindicato é fundamental obrigar a que previo á finalización dun contrato, a industria teña presentado outro contrato ao gandeiro. Co fin de cotas os gandeiros galegos teñen o risco de sufrir unha teaza que os deixe sen garantía de recollida e sen prezo para o leite. Polo que para evitar esta situación desde UUAA propón que a finalización dos contrato non debe coincidir co próximo 1 de abril, ao igual que se fixo en Francia.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web