Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA PIDE MELLORAR O PROCESO DE ADJUDICACIÓN DE COTA

As reformas pedidas do paquete lácteo servirían para cotar estas fraudes

~~Os casos de fraude na cesión de cotas lácteas que desde hai semanas están sendo denunciadas polos produtores nas oficinas de UUAA, non terían posibilidade de producirse se o FEGA e as oficinas de Extensión agraria cruzasen os datos de traspasos de dereitos de produción de xeito automático.
Esta carencia xenera un valeiro que intermediarios sen escrúpulos, e normalmente xa sen actividade e bens cos que responder, estean a provocar unha situación de inseguridade nun momento especialmente delicado como é o do fin do sistema de cotas lácteas. A falta dun plan específico no que traballen as industrias, as administración e os produtores, vai a situar a todo o sector nun horizonte de conflito sen saída no que os competidores franceses van a saír beneficiados, xa que eles si teñen programado a aterraxe no escenario post cotas.
Tal como leva reclamando Unións Agrarias, a reforma do paquete lácteo, despois da constatación do fracaso da súa actual disposición, debe priorizar a contractualización a longo prazo e uns uns niveis de tolerancia de sobrepasamento da produción que non superen o 10%. Na actualidade as tolerancia por sobreprodución poden achegarse ao 50%, unha situación aproveitada polas industrias para incentivar a produción cando a situación de mercado lles beneficia.
Tan so con este cambio teríase evitado a formación dunha burbulla especulativa dos dereitos de produción diante da temor xeneralizado no sector lácteo a unha multa por supertaxa. Desde UUAA reclámase que se prepare e se active nos meses de agosto e setembro o reparto da cota para enfriar o mercado do alugueiro e reventa de dereitos de produción.
Do mesmo xeito, a falta da dunha figura como a do mediador, con capacidade sancionadora que arbitre na compravenda de leite, permitiría que os gandeiros puidesen negociar en pe de igualdade coas industrias evitando deste xeito ter que pechar contratos enriba do inicio de campaña co risco de quedar fora da recollida se non se aceptan as condición que marcan desde as industrias.
 





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web