Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

AS MEDIDAS ANUNCIADAS HOXE POLA COMISIÓN PARA COMPENSAR O VETO RUSO AO SECTOR LACTEO SON INEFICACES

UUAA advirte que os operadores usarán o noso mercado como sumideiro

~~O sindicato Unións Agrarias valora como ineficaces as medidas que vén de anunciar a Comisión Europea para compensar ao sector lácteo polo veto de Rusia a entrada de produtos comunitarios.

Para o sindicato o plan de almacenamento privado de manteiga e leite desnatado en po resultará ineficaz  xa que os grandes operadores non van ver rendibilidade nesta opción dadas as cotizacións internacionais que neste momento ten o leite.

UUAA advirte que con este escenario todo apunta a que as grandes corporacións transformadoras e distribuidoras que actúan no sector lácteo –de capital alemán e francés fundamentalmente- non van a ser alleas a tentación de usar novamente o mercado español como sumideiro dos seus excedentes.

Para Roberto García, secretario xeral de UUAA, para Francia ou Alemaña pode ser “máis atractivo colocar ese remanente no mercado español en forma de queixos u outros produtos terminados a prezos inferiores ao custe de produción, que o seu almacenamento como manteiga e leite en po.” Con este proceso de saturación comercial a caída de prezos pagados polo leite en Galicia estará garantida.


Unións Agrarias, esixe que o Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia que vixíe a publique semanalmente as entradas de produtos da UE a España para coñecer se están dando prácticas de dumping na entrada de produtos lácteos de outros países europeos. O sindicato bota en falta unha acción coordinada e decidida das administracións do Estado na defensa do sector lácteo nun momento de especial tensión no que conflúen o fin do sistema de cotas e a ameaza de sancións por exceso por supertaxa.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web