Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA DENUNCIA A DESIDIA DA COMISIÓN FRONTE VETO RUSO

As medidas so procuran agochar os 3.500 millóns de litros de excedente

~~O sindicato Unións Agrarias valora como ineficaces e sen visión de futuro as medidas concretadas pola Comisión Europea para compensar ao sector lácteo polo veto de Rusia a entrada de produtos comunitarios.

Para o sindicato o plan de almacenamento privado de manteiga e leite desnatado en po resultará ineficaz porque so busca agochar en grandes naves o grave problema de excedentes que dentro duns meses será completamente ingobernable. Hai que ter en conta que dos case 150.000 millóns de litros de leite que se producen cada ano na UE un 2,3% eran destinados ao mercado ruso o que supón que se están xerando uns 3.500 millóns de litros de excedentes.

A organización sindical ve no escaso orzamento destinado as medidas comunitarias un problema engadido xa que os grandes operadores non van ver rendibilidade nesta opción que no caso do leite en po escasamente cubre o transporte.

UUAA advirte novamente que con este escenario todo apunta a que as grandes corporacións transformadoras e distribuidoras que actúan no sector lácteo –de capital alemán e francés fundamentalmente- non van a ser alleas a tentación de usar novamente o mercado español como sumideiro dos seus excedentes.

Unións Agrarias, esixe das administracións medidas audaces que vaian encamiñadas a procurar saídas a produción láctea que agora está bloqueda. Para Javier Iglesias, secretario de Vacún de Leite de UUAA, “ é tal a desidia da UE que pretenden arranxar un problema procura de novos mercados enchendo almacéns con excentes”. 

UUAA pide ao Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia que vixíe a publique semanalmente as entradas de produtos da UE a España para coñecer se están dando prácticas de dumping na entrada de produtos lácteos de outros países europeos.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web