Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA RECLAMA A XES GALICIA QUE HABILITE UN FONDO PARA CUBRIR AS DÉBEDAS DA ARZUANA COS GANDEIROS

O sindicato personarase como acusación cando se abra o proceso xudicial

~~O sindicato Unións Agrarias esixe á Consellería de Economía e industria que se poña a disposición dos 270 gandeiros que están a sufrir a falta de pago da cooperativa La Arzuana, un fondo que cubra as máis de tres mensualidades que lle adebeda a firma  presidida por Eugenio Montero. Unha situación que xa se viveu na cooperativa de Gancobre e noutras, todas elas vencelladas a Alimentos Lácteos.

A habilitación desta partida pode facerse a través da entidade de capital risco Xes Galicia xa que en gran medida e responsable de non advertir da insolvencia de La Arzuana aos produtores, xa que dispoñía de toda a información desde que Alimentos Lácteos –proxecto impulsado polo Partido Popular e de facto dirixido desde a Economía- entrou en concurso de acreedores e incluso antes. Ademais e como proba do desinterese da Xunta de Galicia por evitar que os gandeiros seguisen acumulando perdas, tamén no rexistro público de cooperativas estaban rexistrados os balances da compañía agora suspendida de actividade.

Para UUAA a situación das explotacións afectadas é moi grave tanto pola cuantía dos impagos como pola incerteza da situación na que se atopan  xa que a Xunta de Galicia, tendo todos os datos do desastre financeiro que se lles viña encima, non fixo nada por impedilo primando os intereses políticos do Partido Popular sobre os dos gandeiros.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, anunciou onte en Arzúa a saída dunha asemblea con produtores afectados que o sindicato se vai a personar como acusación no proceso xudicial que se abra contra La Arzuana para tratar de recuperar as cantidades que se lle adebedan aos gandeiros.

Para UUAA non parece de recibo que a Xunta mirase para outro nas contas da cooperativa cando sabía as débedas de La Arzuana con Alimentos Lácteos.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web