Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

A XUNTA DELEGA EN CANTABRIA A ESTRATEXIA PARA O LÁCTEO

Despois de asumir que Galicia lideraría o cambio no decreto do Ministerio

~~O sindicato Unións Agrarias demanda da Consellería de Medio Rural que vaia máis alá da teatralización de reunións con outra comunidades produtoras de leite, e asuma en primeira persoa a defensa do sector lácteo galego tal como se comprometeu o grupo Popular a semana pasada no Pleno do Parlamento de Galicia. UUAA, tal como lles transmitiu aos voceiros de Agricultura tanto na Cámara como nas deputacións, considera de extremada urxencia que se modifique o chamado Paquete Lácteo antes do 31 de decembro nos ámbitos que van a decidir o futuro a curto prazo da gandería de leite en Galicia.

Das conclusións que se coñecen polos medios de comunicación da reunión da Cantabria -as organizacións agrarias aínda non foron informadas- todo apunta a que se trata unha vez máis de fomentar un espellismo  para dar cobertura a actual redacción do decreto do Ministerio no que, por certo, xa se estipula o aprobado onte en Santander. Nada se tratou do aspecto fundamental como é a figura do mediador como elemento clave para conseguir que os gandeiros poidan negociar en equilibrio coa industria o prezo, a duración dos contratos e a garantía de recollida de toda a produción.

O Goberno de Feijoo parece non querer ver que a 5 meses da entrada en vigor do libre mercado no sector lácteo, Galicia estase quedando sen músculo produtivo para acometer a conquista dos mercados no 2015 sen cotas sobre todo tendo en conta os datos que presenta Francia: 25.000 millóns de litros de produción, 70.000 explotacións, 56.465 empregados e un volume de axudas a produción que duplican as que percibe un gandeiro en Galicia.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web