Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA RECLAMA A DEVOLUCIÓN XA DO CÉNTIMO SANITARIO

Logo do acordo asinado por Facenda cos transportistas por estrada

~~O sindicato Unións Agrarias esixe a devolución do céntimo sanitario cobrado ilegalmente desde 2002 nos carburantes que foron servidos agricultores e gandeiros.

Despois do fallo do 13 de febreiro do Tribunal Xustiza da Unión Europea que considera ilegal este imposto, o Ministerio de Facenda debería reingresar de xeito inmediato aos 17.000 gandeiros e agricultores os cobros indebidos xa que posúe toda a documentación que o acredita a través da solicitudes na devolución do imposto de hidrocarburos.

Unha acción que non admite ningún retraso nin dilación unha vez coñecidos os mecanismos de devolución inmediata contidos no acordo asinado o pasado 13 de novembro pola Secretaria Xeral de Facenda e a asociación sectorial de transportistas CNTC.  

Do mesmo xeito, esíxese que a devolución se faga conforme a que se desprende do Plan Xeral de Contabilidade: o ingreso debe imputarse ao exercicio en que recoñece o dereito de devolución. Tamén se pide que se manteña o período de 4 anos hábiles para solicitar a devolución, sen considerar a data da solicitude.

A estes 17.000 produtores, cun consumo de 57 millóns de litros anuais, corresponderíalles unha devolución total de 1,4 millóns de euros dende o ano 2009 ata o 2012. É dicir que, de media, Facenda tería que reingresalos a cada un algo máis de 82 euros, unha cantidade per cápita nada desmesurada





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web