Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA DENUNCIARÁ A CADEA DÍA POR VENTA A PERDAS NO LEITE

Está situando nos lineais, mediante promocións, “brics” a 0´45 euros/litro

~~O sindicato Unións Agrarias trasladará a Consellería de Medio Rural e a AICA, Axencia de Información e Control Alimentarios, adscrita ao Ministerio de Agricultura, a nova campaña de banalización do leite por parte da cadea de supermercados DIA. 

Desde a organización agraria convídase ao presidente da Xunta de Galicia, que onte facía unha defensa pechada da necesidade de manter a produción láctea galega a marxe do uso desta como “produto reclamo”, a que vaia das palabras aos feitos e poña en marcha os mecanismos existentes para expedientar a citada firma distribuidora francesa por prácticas ilegais de venta a perdas ao situar nos puntos de venta cartóns de leite a 0,45 Euros litro.

UUAA non dúbida das boas intencións que se agochan no discurso de Feijoo, pero, tal como se ven denunciando desde os sector, non son suficientes para corrixir unhas políticas comerciais completamente tóxicas para o tecido produtor lácteo galego e así se lles trasladou a partidos políticos, Parlamento e deputacións.

Solo desde a modificación normativa do chamado Paquete Lácteo antes do 31 de decembro, se poderá dar futuro e estabilidade as escasas 9.000 explotacións que quedan en Galicia. Unións Agrarias volve a insistir no aspecto fundamental da reforma como é a figura do mediador como elemento clave para conseguir que os gandeiros poidan negociar en equilibrio coa industria o prezo, a duración dos contratos e a garantía de recollida de toda a produción.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web