Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA INSISTE EN QUE SEN CONTRATO ANUAL PERDE O GANDEIRO

Unha vez coñecida a reforma do Paquete Lácteo prevista polo Ministerio

~~Unións Agrarias reafirmase, logo de coñecer a resposta dada por Agricultura a posición do sindicato na modificación do paquete lácteo, en que coa renuncia nos contratos lácteos a un ano os gandeiros perden toda capacidade de negociación fronte a industria. Non aporta ningunha novidade respecto do que xa existe na actual redacción da norma, e que trouxo como consecuencia que a día de hoxe, os contratos a un ano sexan unha anécdota cando debería ser de obrigado cumprimento.

Para a organización agraria é de sentido común pensar que as industrias van a continuar empurrando as explotacións a usar o mecanismo de renuncia a contratos de longa duración, baixo a ameaza de deixar de recollerlles o leite no caso de que neguen. Máxime nun escenario como o que se abre a partir do 1 de abril, no que o fin das cotas da paso ao mercado libre e a asimilación sen miramentos da distribución láctea internacional do mercado deficitario español. Non cabe na revisión da norma, polo que se trasladou a UUAA desde o Ministerio de Agricultura, a figura do mediador, mais alá da aceptación voluntaria. Cómo se vai a poder equilibrar a negociación con esta ferramenta, se preguntan desde a organización agraria, se nun lado temos concentradas en poucas mans a compra e distribución lácteas e no outro pouco mais de 9.000 explotacións que cada día teñen que dar saída a un produto perecedeiro nun mercado monopolizado por catro multinacionais.

Unións agrarias non considera útil para o sector polemizar sobre os prognósticos de sobrepasamento da produción láctea, nin vai valorar si resulta serio por parte do Ministerio de Agricultura falar hai 3 meses dunha supertaxa de 300.000 Tn a final de campaña e agora pola contra cifrala en 30.000 Tn. Está claro que o mecanismo usado para facer as extrapolacións non parece cando menos moi fino, algo que xa avanzaba hai 4 meses a Universidade de Santiago de Compostela nun informe que se fixo público no seu día. Neste sentido, é un feito que as oscilacións nas cifras e a cadea de ameazas de multas por supertaxa que se levan vertendo desde distintos ámbitos da Administración, correron paralelos ao inchado da burbulla especulativa da compra e alugueiro de dereitos de produción e foron causa de que moitos titulares e explotacións secaran vacas ou mandaranas ao matadoiro. En definitiva serviron para que os gandeiros das pequenas explotacións pagaran xa supertaxa daqueles que grandes que nunca tiveron intención sacar o pe do acelerador da produción, para situarse nunha boa posición para entrar no mercado sen cotas en boa posición.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web