Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

NOVA SUBA NOS MERCADOS LACTEOS DE REFERENCIA MUNDIAL

As poxas de Fonterra e as de Leite Spot evidencian o maltrato a Galicia

~~O sindicato Unións Agrarias denuncia o novo incremento do diferencial das cotizacións do leite en orixe en Galicia respecto do que se paga nos mercado internacionais de referencia. Un dato que se pon de manifesto coa nova liquidación da poxa de Fonterra que encadea cinco subas, cunha media nas dúas últimas de máis dun 10%.

Deste xeito, desde xaneiro de 2015 ata agora as cotizacións do leite en po ascenderon un 16,2% e as de manteiga nun 17,5%. Hai que lembrar que Fonterra, sirve de índice de referencia mundial tomando como base o leite e derivados que se comercializan desde Australia e Nova Zelanda. Do mesmo xeito, o stock de leite operado por intermediarios internacionais, coñecido como Leite Spot dá subas de 1,5 céntimos nas cisternas comercializadas de Francia a Italia ou de 3 céntimos nas comercializadas en Holanda.

Desde o sindicato ponse de manifesto que o castigo que están sufrir os gandeiros galegos no prezo - desde xaneiro de 2015 ata agora en Galicia leva caído o leite 10 céntimos- débese ao interese das industrias en arranxar a súa conta de resultados a costa de desvalorizar a principal zona de produción láctea do Estado. UUAA reclama un funcionamento efectivo das leis de mercado para que os nosos produtores lácteos poidan competir en igualdade de condicións que os franceses ou holandeses.

Unións Agrarias ve na falta de iniciativa política do Ministerio de Agricultura o principal escollo para afrontar unha revisión do chamado Paquete Lácteo que poña fin a esta situacións insostible para os produtores galegos diante do fin das cotas. Neste novo horizonte resulta vital para a supervivencia do sector a figura do mediador, como garante dunha comercialización en equilibrio na que elementos como a estabilidade nos volumes de entrega, a garantía de recollida e os contratos de longa duración, sexan unha realidade.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web