Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

ULEGA PROPÓN UN MES DE PRORROGA NA SINATURA DE CONTRATOS

O retraso na reforma do Paquete Lácteo provocou que non estean desenvolvidos os instrumentos de recepción de contratos e tratamento informático imprescindibles para realizar un control e un seguimento con garantías.

~~O presidente da organización de produtores Unión Leiteira Galega, (ULEGA), Xosé Vence e o secretario xeral de UUAA, Roberto García, mantiveron un encontro na tarde de onte coa conselleira de Mar e Medio Rural, Rosa Quintana, para trasladarlle as dificultades de comezar a campaña láctea o vindeiro 1 de abril nas condicións de inseguridade administrativa na que se atopan os produtores.

 

Logo do retraso provocado polo Ministerio de Agricultura na posta en marcha da reforma do Paquete Lácteo a día de hoxe non queda marxe de manobra para abrir unha negociación con garantías coas industrias por parte dos gandeiros para poder pechar acordos viables e estables para toda a campaña.

 

Desde a Consellería coincidiuse en que resultaba pertinente alongar o prazo dada importancia que para o sector ten un tránsito ordenado cara un mercado lácteo sen cotas.

 

O secretario xeral de Unións Agrarias, asiste hoxe en Madrid á reunión da ministra Isabel García Tejerina  coas organizacións agrarias e as cooperativas para analizar a posta en marcha do Paquete Lácteo. Nese foro, Roberto García vai a insistir na necesidade de prorroga que onte lle foi trasladado a Medio Rural.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web