ESTE LUNS ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA AS EXPLOTACIÓNS DE LEITE
Nunha reunión celebrada hoxe no Ministerio informáronnos sobre o sistema de reparto das axudas para as explotacións leiteiras.
Os 20 millóns de euros do Ministerio e o sobre de 25,56 millóns de euros da Unión Europea serán repartidos a través de dúas axudas.
Axuda básica - Beneficiarios: Todas as explotacións - Importe: 1 céntimo por litro entregado de abril a xullo - Límite por explotación: 50.000€ - Prazo de solicitude: Non hai que facer solicitude - Data de cobro: Decembro - Orzamento: 25,5 millóns de € Axuda complementaria - Beneficiarios: Explotacións que de abril a xullo cobraron en cada liquidación menos de 28,5 (prezo final sen IVE) - Importe: Os que cobraron menos de: - 25,9: Ata 300€/vaca - 28,5: Ata 110€/vaca (As vacas foron contadas a 1 de outubro) - Límite por explotación: 10.000€ - Prazo de solicitude: 10 días hábiles a partir do luns 19 de outubro a través da sede electrónica do Ministerio - Data de cobro: Finais de novembro - Orzamento: 20 millóns de € - Observacións: Minimis (limita a 15.000€ en 3 anos) Como o prazo de solicitude da axuda complementaria é moi breve recomendamos aos gandeiros que acudan á súa oficina comarcal de Unións Agrarias – UPA coa seguinte documentación: - Contrasinal para acceder á oficina agraria virtual (para obter o crotal dun animal da súa explotación e da nai dese animal, que son os datos necesarios para poder acceder á tramitación telemática na web do Ministerio e o censo a 1 de outubro para saber o número de vacas que teñen dereito á axuda)
- Liquidacións do leite de abril a xullo de 2015.
- Número de conta onde se quere domiciliar o pago
- Relación de axudas de minimis que percibiu entre 2013 e 2015.

Volver
|