O MINISTERIO PUBLICOU A AXUDA PARA AS EXPLOTACIÓNS DE LEITE
Con esta normativa publicada o sábado, o Ministerio xunta aos 20 millóns de euros que xa puxera do seu orzamento cos 25,56 millóns de euros da Unión Europea a repartir en dous tramos.
- O tramo básico é para todas as explotacións que entregaron leite de abril a xullo. Non teñen que presentar solicitude, percibirán ata 0,0107€/Kg entregado neses catro meses no mes de decembro. - O tramo complementario é para as explotacións que entre abril e xullo cobraron por debaixo de 28,5 céntimos. O prazo de presentación rematou o 30 de outubro e xa están cobrando ata 300€/vaca. A novidade é que agora estas axudas xa non teñen a consideración de minimis.
Volver
|