Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Agricultura Pataca

A FALTA DE CONTRATOS LEVA INCERTIDUME A PATACA DA LIMIA

Preocupa o veto comercial ruso e a caída de prezo na variedade temperá

~~O sindicato Unións Agrarias fai un chamamento a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para que non se desentenda da ameaza que se está formando arredor dunha das producións agrícolas máis importantes de Galicia como é a da Pataca da Limia.

A falta de contratos homologados que fixen a compravenda nas zonas produtivas está favorecendo que os almacéns e industrias tiren dos prezos para abaixo nas variedades de pataca temperás, que nestes momentos apenas superan os 20 céntimos. As incertezas xeradas polo veto comercial de Rusia a determinadas exportacións da Unión Europea está sendo aproveitada de maneira interesada para favorecer unha caída nos prezos da pataca en orixe, sen que os produtores poidan facer nada para remedialo o non dispoñer de ferramentas coas que poder negociar en pé de igualdade.

UUAA esixe da Xunta de Galicia que impulse a contratualización deste tipo de producións agrarias, priorizando a concesión de subvencións a aquelas industrias que regulen as relacións comerciais cos agricultores mediante contratos homologados. Do mesmo, o sindicato pide as administracións a posta en marcha dun plan de continxencia no que estean previsto un apoio decidido ao sector da pataca dado o horizonte complexo no que se pode enmarcar a colleita de setembro.





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web