Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Agricultura Pataca

UUAA RECLAMA PARA A PATACA A APLICACIÓN DA LEI DA CADENA

As administracións non poden permitir as ilegalidades flagrantes no prezo

~~O sindicato Unións Agrarias reclama as directivas contidas na Lei da Cadea para poñer freo aos movementos especulativos por parte dos almacéns e industria que están favorecendo a caída do prezo da pataca ata limites insostibles por parte das explotacións.  O sindicato fai unha vez máis un chamamento a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para que non mire para outro lado desentendéndose da ameaza de creba que sobrevoa unha das producións agrícolas máis importantes de Galicia como é a da Pataca da Limia.
A Lei da Cadea Alimentaria, aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy, enuncia claramente a obrigatoriedade de que se asinen contratos homologados e se fixen prezos en función de elementos obxectivos, prohibindo a modificacións unilaterais das condicións e os pagos adicionais. De igual modo, no articulado da lei tamén se fixa un réxime de sancións para aqueles infractores que non cumpran algunha das claúsulas.
A falta de contratos homologados que fixen a compravenda nas zonas produtivas está favorecendo que os almacéns e industrias tiren dos prezos para abaixo nas variedades de pataca temperás, que nestes momentos apenas superan os 20 céntimos. As incertezas xeradas polo veto comercial de Rusia a determinadas exportacións da Unión Europea está sendo aproveitada de maneira interesada para favorecer unha caída nos prezos da pataca en orixe, sen que os produtores poidan facer nada para remedialo o non dispoñer de ferramentas coas que poder negociar en pé de igualdade.
UUAA esixe da Xunta de Galicia que impulse a contratualización deste tipo de producións agrarias, priorizando a concesión de subvencións a aquelas industrias que regulen as relacións comerciais cos agricultores mediante contratos homologados. Do mesmo, o sindicato pide as administracións a posta en marcha dun plan de continxencia no que estean previsto un apoio decidido ao sector da pataca dado o horizonte complexo no que se pode enmarcar a colleita de setembro.
 





Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web