Blog ECOMUDES
Resumo do proxecto
Obxectivos
Accións
Documentos
Talleres Virtuais
Galería de fotos
Enlaces
Contacto

Accións > Cursos de formación

1. Cursos on-line:
Sistemas de produción agraria sostible
Data de inicio: 21 de xuño de 2010
Número de destinatarios: 25
Número de horas: 35
Temática:
1. Aspectos medioambientais da agricultura convencional: erosión do chan agrícola, esgotamento de recursos hídricos, diminución da biodiversidade, contaminación ambiental, despoboamento das zonas rurais, etc.
2. A Agricultura sostible. Modelos de agricultura sostible.
3. Factores que interveñen na agricultura.
4. Análise do ciclo de vida dos produtos. Indicadores para a agricultura sostible.
5. O Contrato de Explotación Sostible (CES) como medida para favorecer o desenvolvemento de sistemas de produción axustados a criterios de sustentabilidade.
6. As tecnoloxías da información e comunicación aplicadas aos sistemas de produción agraria. Mellores Técnicas Dispoñibles (MTDs).
7. Incorporación dos criterios de xestión ambiental na explotación.
8. Requisitos legais nas explotacións sostibles.
Perspectivas empresariais no sector enerxético renovable
Data de inicio: 03 de maio de 2010
Número de destinatarios: 25
Número de horas: 35
Temática:
1. Situación actual das enerxías renovables perspectivas de futuro. Medidas e programas de incentivación das enerxías renovables. Propostas de futuro.
2. Fontes de enerxía. Tipos, formas e aplicacións.
3. Desenvolvemento sostible no medio rural. A enerxía e a sustentabilidade económica e ambiental.
4. Consumo enerxético e avaliación de impacto ambiental. Custos ambientais, naturais e sociais. Descarbonización da enerxía no medio rural. Aforro e eficiencia enerxética.
5. Posibilidades económicas das enerxías renovables no medio rural: enerxía eólica, enerxía solar térmica, enerxía solar fotovoltaica, geotérmica e biomasa.
6. Últimos avances tecnolóxicos no sector das Enerxías Renovables.
7. Normativa e lexislación de enerxías renovables. Tendencias da política enerxética a nivel mundial.
8. A Responsabilidade Social Empresarial no sector enerxético renovable.
Xestión e aproveitamento sostible dos residuos no medio rural
Data de inicio: 12 de xullo de 2010
Número de destinatarios: 25
Número de horas: 35
Temática:
1. Importancia e problemática dos residuos no medio rural galego. Implicacións ambientais.
2. Tipos de Residuos agrarios: residuos orgánicos, plásticos de invernadoiro e ensilados, envases fitosanitarios e zoosanitarios, outros asimilables a RSU.
3. Tratamentos dos residuos agrarios e forestais.
4. Valorización enerxética e compostaxe: beneficios ambientais e económicos.
5. Manexo, transformación e almacenamento. Manexo de residuos. Procesos primarios de transformación
6. Avaliación do impacto ambiental. Contaminación de augas. Problemática ambiental dos fitosanitarios.
7. Boas prácticas na actividade agraria. Conservación de sistemas agrarios.
8. Oportunidades de negocios e emprego na xestión e tratamento dos residuos.
9. Normativa aplicable. Responsabilidade social.
2. Cursos mixtos
O ecoturismo como alternativa para o desenvolvemento produtivo e sostible
Lugar de celebración: A Fonsagrada (Lugo)
Data de inicio: 18 de xaneiro de 2010
Número de destinatarios: 25
Número de horas: 15 presenciais (9 teóricas e 6 prácticas) e 35 a distancia
Temática:
1. Introdución ao turismo sostible. Contribución do ecoturismo ao desenvolvemento local.
2. A educación ambiental como estratexia de desenvolvemento do ecoturismo. Actividades de educación ambiental a fomentar. O agroturismo.
3. Patrimonio cultural e natural da zona. Vías de aproveitamento ecoturístico.
4. Fomento de formas de ecoturismo propias da zona (enológico, gastronómico, ecolóxico, etc).
5. Aplicación das enerxías renovables na xestión do ecoturismo. A importancia da bioconstrucción e a integración paisaxística.
6. Incorporación dos sistemas de xestión ambiental no sector agroturístico. Eliminación e redución dos impactos asociados.
7. As novas tecnoloxías e a responsabilidade social como base da promoción e competencia no ecoturismo.
8. Lexislación ambiental aplicable no campo do turismo ecolóxico.
Cultivo e comercialización de plantas aromáticas e medicinais
Lugar de celebración: A Mezquita (Ourense)
Data de inicio: 2 de febreiro de 2010
Número de destinatarios: 25
Número de horas: 15 presenciais (9 teóricas e 6 prácticas) e 35 a distancia
Temática:
1. Concepto de plantas medicinais e plantas aromáticas. Situación da súa comercialización a escala mundial, estatal e galega.
2. O consumo e emprego de plantas medicinais en Galicia. Especies máis abundantes. A fitoterapia.
3. Plantas aromáticas e condimentarias máis características na comunidade.
4. Labores de preparado, cultivo e rega. O control de pragas e enfermidades máis frecuentes.
5. Recolección, conservación e secado de plantas. Vías de comercialización na comunidade galega. Exemplo doutras experiencias.
6. Especies en perigo de extinción na comarca. As figuras de protección da flora española e galega.
7. Fomento da ecoinnovación coa axuda das Tics na produción de plantas e herbas medicinais e aromáticas.
8. Escenario lexislativo do cultivo, produción e comercialización das plantas aromáticas e medicinais. Especies prohibidas.
Actividades produtivas relacionadas coa xestión forestal sostible
Lugar de celebración: Frades (A Coruña)
Data de inicio: 2 de marzo de 2010
Número de destinatarios: 25
Número de horas: 15 presenciais (9 teóricas e 6 prácticas) e 35 a distancia
Temática:
1. Ecoloxía e biodiversidade forestal.
2. Xestión da biodiversidade e das producións: técnicas silvícolas e agroforestais. Viveiros forestais. Aproveitamento forestal.
3. Conservación e mellora de recursos xenéticos e restauración forestal. Prevención de incendios forestais. Sanidade forestal.
4. Sistemas de reorganización de xestión forestal (UXFOR).
5. Industrias forestais: caracterización, transformación e novos usos. Economía, valoración e mercado de recursos forestais. Produtos forestais non madeirables (cogomelos, mel, froitos, etc).
6. Cambio climático: xestión forestal para a adaptación e mitigación.
7. Crise enerxética: aproveitamentos de montes e plantacións forestais para bioenerxía e bioconstrucción.
8. Sistemas de información forestal. Mellores tecnoloxías dispoñibles e avances metodolóxicos.
9. Responsabilidade social no sector forestal.
Produción, transformación e elaboración de produtos ecolóxicos
Lugar de celebración: Padrón (A Coruña)
Data de inicio: 07 de abril de 2010
Número de destinatarios: 25
Número de horas: 15 presenciais (9 teóricas e 6 prácticas) e 35 a distancia
Temática:
1. Introdución aos produtos ecolóxicos. A produción ecolóxica en Galicia.
2. Por que pasarse á produción ecolóxica. Condicións que deben cumprir os produtos.
3. Consumo dos produtos ecolóxicos. Produtos autorizados.
4. A etiquetaxe, embalaxe e certificación dos produtos ecolóxicos. Información que deben saber os consumidores. Seguridade alimentaria.
5. Vías de comercialización na comunidade galega. O asociacionismo e o cooperativismo. Os consellos reguladores.
6. Denominacións de orixe e outros selos de calidade en Galicia.
7. As novas tecnoloxías aplicadas á explotación ecolóxica. I D i nos produtos ecolóxicos. Importancia do ecodiseño.
8. Normativa de regulación dos produtos ecolóxicos.

ACCIÓNS GRATUITAS COFINANCIADAS POLO F.S.E.



Unións Agrarias – UPA | Proxecto ECOMUDES
R/ Doutor Maceira nº 13 baixo
15706 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 530 500 | Fax: 981 531 724
dtor.tecnico@unionsagrarias.org

Resumen do proxecto | Obxectivos | Accións | Documentos | Talleres Virtuais | Galería de fotos | Enlaces | Contacto