Castellano English RSS Versión para móviles - en preparación
castellano / english
Resumen del proyecto Objetivos Resultados Acciones Documentos Galería de fotos Enlaces Contacto


20/01/2009
UNIÓNS AGRARIAS APOSTA POLA PROTECCIÓN AMBIENTAL DESDE O RURAL CO PROXECTO "CAMBIAR O CAMBIO"
O Sindicato promoverá e estudará prácticas agroforestais que reduzan contaminantes e que se adapten ao novo escenario climático
Unións Agrarias difundirá entre os profesionais do sector agroforestal galego un novo modelo de prácticas nas súas explotacións que favorezan a redución de gases de efecto invernadoiro e permita unha adaptación ao novo escenario ambiental froito do cambio climático.

O proxecto, que leva por nome "Cambiar o Cambio", ten como obxectivo diagnosticar, sensibilizar e promover cambios de actitudes e sistemas de produción no sector primario, que sen diminuír a produtividade, fomenten a responsabilidade social corporativa. Deste xeito, o proxecto fomentará o aumento do uso das enerxías renovables coa implantación de cultivos agroenerxéticos ou leiras de aproveitamento solar, a conservación da biodiversidade no que atinxe a razas gandeiras e agroecosistemas, a xestión eficiente de residuos como os xurros ou o esterco, e o aumento de superficie de masas forestais como sumidoiros de carbono.

Esta iniciativa, enmarcada no Programa Life+ da Unión Europea, ten como área operativa o territorio de Galicia, aínda que tamén recolle accións a nivel estatal e incluso transnacional coa realización de actividades con grupos de traballo de Francia, Inglaterra e Portugal. Neste sentido, está en sintonía cos principios do Sexto Programa de Medio Ambiente e a ecocondicionalidade (boas condicións medioambientais agrarias e requisitos legais de xestións) marcado pola reforma da PAC.

O campo galego está a sufrir unha terrible crise por mor do abandono da actividade agraria e o despoboamento do medio rural, o que provoca a perda de biodiversidade, perda de agroecosistemas e de variabilidade xenética en especies gandeiras, cultivos e incendios forestais. O sistema de produción agroforestal sustentable que difundirá o proxecto "Cambiar o Cambio" permitirá diversificar e aumentar a renda das explotacións e evitar o abandono destas.

Os beneficiarios directos do proxecto son os agricultores e gandeiros do medio rural galego, poboación estudantil do medio rural e urbano e persoal técnico. No marco do programa de "Cambiar o Cambio" está prevista a realización de 41 xornadas técnicas que prevén unha inscrición de 1.800 asistentes, unha exposición itinerante que percorrerá 50 localidades e a asistencia a feiras internacionais para dar a coñecer os contidos da iniciativa medioambiental.
Actualidad
LIFE+ es el instrumento financiero para el medio ambiente de la Comisión Europea. Su objetivo general es contribuir a la aplicación, actualización y desarrollo de la política y la legislación comunitarias en materia de medio ambiente, incluida la integración del medio ambiente en otras políticas, con lo cual contribuirá al desarrollo sostenible.

La Campaña "Cambiar el cambio" se enmarca en el componente LIFE+ Información y Comunicación cuyos objetivos son divulgar información y fomentar la sensibilización en torno a los temas medioambientales y respaldar las medidas de acompañamiento como información, actividades y campañas de comunicación, conferencias y formación.
 
Última actualización: 24/03/2011
Resumen del Proyecto Objetivos Resultados Acciones Documentos Galería de fotos Enlaces Contacto