Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


21/11/2017

A NOVA REGULACIÓN DE PURINS DA PAC FAÍ INVIABLE ÁS GRANXAS GALEGAS
UUAA pide unha mesa de traballo con Medio Rural para reducir o impacto

Santiago, 21 de novembro.- O sindicato Unións Agrarias vén de solicitar a posta en marcha dunha mesa de traballo por parte da Consellería do Medio Rural, que estude solucións para atenuar o impacto previsto polas novas exixencias da PAC, referidas ao tratamento de puríns.

Tal como se recolle no Real decreto 988/2017 sobre as condicións que as granxas debe cumprir para a poder recibir axudas da Política Agraria Común no ano 2018, a regulación nacional establece a prohibición de que os puríns poidan ser aplicados en superficie por medio de cisternas tal como se ven practicando na actualidade. Porén a norma establece que este abono orgánico solo poida se inxectado nas terras o cal resulta completamente inviable economicamente para o modelo de explotacións gandeira de Galicia.

Desde a organización agraria faise un chamamento a Consellería do Medio Rural que aplique as competencias das que dispón e estableza o marco normativo pertinente para poder concretar algunha das excepcións previstas na norma.

O sector gandeiro galego produce cada ano uns 15 millóns de metros cúbicos de purín que se usa como fertilizante base nas explotacións gandeiras, polo que de non instruir un regulamento corrector o medio rural galego tería ademais dun gravísimo problema económico, veríase abocado a un colapso medioambiental pola imposibilidade de tratar os residuos nas explotacións. Unións Agrarias, solicita unha vez mais da Consellería de Medio Rural interlocución cos sectores produtivos para procurar solucións a situación dramática que están a sufrir moitas explotacións galegas pola indefensión ante a seca, a xeadas ou os incendios forestais. Neste sentido, pide sensibilidade na presión fiscal e nas inspeccións reiteradas e inxustificadas. 













































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
Nota legal - privacidade - cookies   
diseño web