Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


23/11/2017

O 90% DOS VITICULTORES QUEDAN FORA DAS NOVAS AXUDAS
Os 500.000 euros da anterior Orde foron entregados a só 13 solicitantes

Santiago 23 de novembro de 2017.- Unións Agrarias denuncia que a nova liña de axudas de 1 millón de euros publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia para cubrir os danos provocados pola xeada e o pedrazo na primavera nas producións de viño, castaña, horta e froiteiras, non van supoñer ningunha mellora para situación dos produtores porque é un calco da anterior.

O igual que na anterior convocatoria, na que se habilitaban 500.000 euros (despois de ter comprometido o titular da Xunta 10 millóns de euros), o presidente anuncia algo que o articulado da norma fai que a base produtora non poida acceder ao financiamento. Así, no caso da viticultura, so as adegas encaixan coa personalidade xurídica que marca para os requisitos dos solicitantes e non así o 90% dos viticultores das catro denominacións de orixe afectadas, que teñen esta actividade como complemento e polo tanto non figuran como autónomos. Neste sentido, desde a organización agraria esíxese transparencia para coñecer o destino do medio millón de euros da anterior convocatoria que acabou no peto de solo 13 solicitantes, o cal dá que pensar que non foron agricultores os destinatarios das axudas para cubrir os xuros dos créditos de refinanciamento.

Desde a Xunta insístese en arranxar con propaganda, -o igual que no caso da seca ou os incendios forestais- e non con solucións nin diálogo cos agricultores e gandeiros as graves dificultades que atravesa o medio rural. Unións Agrarias lembra que no que vai de 2017 o Consello Agrario, so ten celebrado unha reunión cando por estatutos ten xuntarse catro veces no ano. Un feito que sería bo que o vicepresidente da Xunta de Galicia, tivese presente a hora de valorar a mobilización do pasado sábado e reclamar propostas aos produtores. UUAA, seguirá adiante co calendario de accións de protesta mentres non se abra unha mesa de traballo na que se afronte con seriedade un catálogo de respostas razoadas e ozamentadas para poñer freo ao abandono do medio rural galego.

Voceiro: José Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA,

Tel, 636 489 512













































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
Nota legal - privacidade - cookies   
diseño web