Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


07/02/2018

UUAA PIDE ACTUALIZAR O PROTOCOLO DE SANEAMENTO GANDEIRO
De 1.287 animais sacrificados por tuberculose en Galicia 2016 so 40 casos resultaron deron positivo nos análises de laboratorios.

Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O sindicato Unións Agrarias ve necesario actualizar o protocolo de detección de casos de tuberculose nas explotacións galegas, que se derivan das campañas de saneamento gandeiro, dado o altísimo número de animais sacrificados que logo non deron resultados positivos nas análises post morten nos matadoiros.



 



Galicia conta cun dos mellores ratios –so superado polas illas Baleares- de prevalencia de animais enfermos por tuberculose, 40 en 2016 sobre unha cabana de 829.696, grazas ao traballo do corpo de veterinarios de sanidade pública que levan anos vixiando as granxas. A cruz destes bos datos sitúase no altísimo número de vacas que son sacrificadas innecesariamente, (1.287 en 2016), por ter reaccionado ao test de tuberculose, pero que nos análises feitos en matadoiro, solo 40 foron confirmados como tuberculose.



 



Desde Unións Agrarias solicitouse unha reunión con conselleira do Medio Rural para propoñer un novo modelo que sen baixar a garda sobre a vixilancia, evite sacrificios innecesarios, que ademais de provocar perdas nas explotacións, elevan o risco de contaxio ao suplir as vacas mortas por reses adquiridas noutras comunidades autónomas con menores índices de eficiencia sanitaria. Os datos do MAPAMA indican que a incidencia da tuberculose na cabana galega é cada vez mais limitada e caeu en picado nos últimos 5 anos pero o número de sacrificios por motivos sanitarios sigue manténdose, así se 2011 se mataron 1015 vacas das que se confirmaron 424 casos, en 2015 foron sacrificadas 1.581 reses das que se confirmaron 172.



 



A media en España en 2016 foi de 35.345 animais sacrificados para 26.090 positivos, o que supón un índice do 74.17%, mentres que en Galicia nese ano apenas se superou o 3%. Ademais o dato de prevalencia en explotación (índice moi importante a hora de valorar a situación sanitaria dun territorio) sitúase nun 0.04%, moi destacado respecto do que presentan as outras CCAA. Está claro que o modelo de procedemento non resulta efectivo cando en niveis de afectación moi baixos, polo que desde UUAA incídese en que se procure un mecanismo que teña o centro de actuación nas análises de matadoiro e que desde eses resultados se actúe sobre as granxas onde se poidan detectar algún tipo de problema. Máxime nas explotacións de leite onde a rotación de animais permite unha detección case inmediata.










































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web