Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


23/02/2018

CONTINÚAN AS RESTRICCIÓNS NOS PURINS PESE A PUBLICIDADE DA XUNTA
Un futuro RD do MAPAMA xa preverá a modificación de cisternas no Plan Renove

Santiago, 23 febreiro de 2018.- O Ministerio de Agricultura está traballando nun Real Decreto no que se estipula as axudas económicas para a modificación de cisternas dedicadas ao abonado con puríns de cara a que se adapten aos postulados restritivos da Directiva sobre teitos Nacionais de Emisións. Unhas axudas que apenas supoñen un 30% do investimento –arredor de 10.000 euros por equipo-  que terán que facer os gandeiros para cambiar os sistemas de prato ou abanico polos de inxección requiridos na norma comunitaria.



 



Este anuncio pon en tela de xuízo a propaganda da Consellería de Medio Rural que indicaba que Galicia quedaría exenta desta normativa, cando ademais a día de hoxe non se ten constancia da tramitación pola Xunta de ningunha moratoria, como si xa se ten feito polo Goberno central en Cataluña (en base aplicación do artigo 155 da Constitución).



 



Como ven denunciando Unións Agrarias, a aplicación desta normativa é completamente inxusta porque, tal como se recolle no preámbulo do proxecto de RD do Ministerio, a gandería so produce 28% das emisións de amoníaco das cales só o 4% se refiren a gandería de vacún, que sería a que se vería afectada por multas nas axudas da PAC. Pero ademais a Directiva 2016/2284 do Parlamento Europeo, na que se recolle a modificación dos sistemas de aboado, indica que, “…os Estados membros deben asegurarse de que se teñan plenamente en conta as repercusións nas explotacións agrícolas pequenas de modo que se limiten na maior medida posible os custes adicionais”.



 



Polo que se ve o Ministerio non parece ter moi presente esta recomendación cando introduce a obrigatoriedade da modificación das cisternas no caixón de xastre de axudas do Plan Renove, ao que as explotacións acoden para modernizar en xeral o parque de maquinaría, e non por unha modificación da normativa de contaminantes, (recordemos que o transito á gasolina sen chumbo nos turismos durou mais de 12 anos).



 



O sindicato solicita unha vez máis unha mesa de interlocución para o sector na que se poidan habilitar medidas reais e unificar criterios entre as distintas Comunidades Autónomas, xa que a día de hoxe non é posible.  No caso de Galicia ademais, a ninguén se lle escapa que nin a estrutura da propiedade da terra, nin a morfoloxía espacial das mesmas con fortes pendentes, son as máis adecuadas para traballo cuns  equipos máis aparatosos e pesados, que ademais van a requirir a compra de tractores máis potentes, de maior consumo, y polo tanto con maior aporte de CO2.  














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web