Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


07/03/2018

UUAA PIDE MEDIDAS DE FREO Á ESCALADA DE DANOS DO XABARIL
Os ataques están sendo xeneralizados e adiantáronse inusualmente respecto doutros anos

Mércores, 7 de marzo de 2018 Unións Agrarias está a recoller nas súas oficinas queixas xeneralizadas dos agricultores e gandeiros nas catro provincias galegas, polos danos das mandas de xabarís en parcelas en produción, demandas que o sindicato está a trasladar a cazadores e Consellería para a toma inmediata de medidas.



Dáse a circunstancia de que estes danos se adiantan de xeito inusual, xa que entre o fin da tempada de caza (finais de xaneiro) e o comezo da campaña da sementeira do millo, viña sendo habitual un certo descenso nos danos, polo efecto da caza, o que fai saltar todas as alarmas no agro fronte a inmediata campaña de sementeira do millo forraxeiro, principal cultivo de Galicia, e onde as explotacións gandeiras se xogan gran parte da súa rendabilidade económica.



O rural galego está a constatar o fracaso total do actual sistema de xestión das poboacións de xabarís, que se están a descontrolar ata acadar niveis de praga no agro galego.



Situación que obrigará a sentarse a representantes dos agricultores, dos cazadores e da Xunta de Galicia, a fin de buscar un novo pacto social, e un novo sistema de colaboración dos TECOR e da Administración, que permita garantir a coexistencia da actividade agraria coa fauna cinexética e salvaxe, xa que actualmente todas as perdas son para o produtor agrario, nun escenario de aumento das poboacións de xabarís e dos danos na agricultura e gandería que as medidas habituais de caza non logra controlar.



É moi frecuente que as explotacións agrarias teñan varias fincas que na práctica están inutilizadas para a produción de forraxe. Hai que ter en conta que os xabaril levantan os prados, facendo impracticable a sega e o ensilado da herba, e imposibilitando o cultivo do millo nestas parcelas. Igualmente os xabarís constitúen un claro risco para o tráfico rodado, con 1,5 incidentes de tráfico diarios nas estradas galegas que non cubre o seguro básico obrigatorio de circulación, á vez que desequilibran as poboacións do resto da fauna silvestre, da que son predadores. Problema especialmente agudo nas zonas protexidas e Espazos Naturais, onde a caza e o control destas poboacións teñen limitacións legais. O descontrol das poboacións de xabaril polo tanto é un problema que nos afecta a todos, non só a agricultores e gandeiros.



Cómpre que a Administración enfronte o problema na súa complexidade, se poñan deberes reais de control de poboacións aos cazadores de forma que cada zona non teña máis animais dos que pode soster o ecosistema de xeito natural, sen ameazar as explotacións agrarias, e de forma que se arbitren sistemas de compensación de danos. Xa que non existen axudas compensatorias para os danos do xabaril dende o ano 2009, salvo a convocatoria excepcional da campaña do ano 2016, curiosamente ano electoral.



Hai que facer un novo marco legal e de colaboración que vaia por diante do problema, non se puido adiar máis a toma de medidas, ante un problema que se agrava cada ano, a pesar de que quedan menos explotacións e menos cultivos no rural. Os produtores, non poden seguir sendo os paganos e mantedores da fauna salvaxe e cinexética en Galicia.



O Sindicato ademais de esixir un novo pacto coa caza social e un novo marco legal que sexa eficaz para impedir que a fauna salvaxe bote á xente do rural, demanda para estes días un esforzo de responsabilidade aos cazadores, para que fagan batidas nestas zonas de repunte de danos, de forma previa á campaña da sementeira do millo. E de forma que atendan de xeito inmediato ás demandas dos produtores agrarios que estes días están a sofrir perdas e ven ameazada a viabilidade das súas explotacións,  o seu sustento e o das súas familias.










































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web