Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


12/03/2018

UUAA MANTÉN QUE SO CON POLITICAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL EFICIENTES SE TOMARÁ O CONTROL SOBRE OS DOS INCENDIOS FORESTAIS
Roberto García, afirma no Parlamento que Galicia sigue exposta aos lumes catastróficos

Santiago, 12 de marzo de 2018.- O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, participou na mañá de hoxe na comisión de estudo dos incendios forestais no Parlamento de Galicia onde defendeu que so a través dunha política de desenvolvemento rural eficaz se pode tomar o control sobre as causas das vagas de lumes que ciclicamente afectan ao territorio galego.



Neste contexto, destacou que pese a ter gastado desde o ano 2000 máis de 1.300 millóns de euros en ámbitos relacionados cos lumes forestais seguimos dependendo completamente do factor meteorolóxico ante a propagación dos lumes nos montes. Para Roberto García, poñer o foco en presuntas tramas incendiarias, parece unha escusa de mal pagador xa que “a día de hoxe o que está a queimar o monte galego é o abandono. A estas alturas case o de menos é o que produce a primeira faísca. O grave problema é que o territorio está nunhas condicións nas que o lume non se pode apagar”.



Para UUAA non é tanto, pois un problema de Política Forestal, que tamén, como de política de Desenvolvemento Rural. O territorio ou está en produción, e se controla o crecemento desordenado da biomasa, se manteñen os camiños abertos e non pechados con silvas e xestas, ou o futuro escenario é o que vimos en Portugal, e case nos pasa en Galicia no pasado mes de outubro se non chega a chover. Un lume catastrófico que o devora todo e leva vidas e casas por diante.



A organización agraria pon de manifesto que nos últimos 30 anos, desde a integración na UE, Galicia pasou de 415.100 ocupados no agricultura e gandería en 1985 a 45.600 en 2015. Isto provocou a desvinculación da maioría da poboación rural e dos propietarios das terras da explotación e xestión das superficies chegando a perigosa situación actual de que a metade do territorio corresponde a terras abandonadas ou a monte arborizado sen unha adecuada xestión silvícola.



Precisamente sendo consciente desta problemática e recollendo o clamor das xentes do rural contra o abandono que sofren por parte das distintas capas das administracións, Unións Agrarias convocou meses atrás unha mobilización en Santiago de Compostela emprazando ao Goberno a promover un plan de actuación con calendario e orzamento para acadar tres obxectivos, eliminar o diferencial de renda e calidade de servizos entre o rural e as cidades, asegurar un deseño territorial social, económica e ambientalmente sostible e lograr frear a crise demográfica na Galicia interior e impulsar o relevo xeracional nas explotacións.



A resposta por parte da Consellería de Medio Rural foi ter reunido ao Consello Agrario nos últimos 14 meses, pese a que estatutariamente debe facelo alomenos unha vez cada trismestre.














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web