Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


14/03/2018

UUAA DENUNCIA OFERTAS LIXO DE LEITE “CAMPO NUESTRO”
Leva ante as Consellerías de Medio rural e Economía as probas da fraude

Santiago, 14 de marzo de 2018.- A organización Unións Agrarias, ven de presentar diante das Consellerías de Medio Rural e de Economía un expediente de denuncia contra a marca de leite “Campo Nuestro”, comercializada por Gadisa, por promover a venda a perdas en punto de distribución.



 



O sindicato, xa levou onte a denuncia diante do Consello Galego da Competencia, porque estimou completamente fraudulenta a oferta que se fai nos centros de distribución Cash IFA de Gadisa, de leite desnatada a 46 cts. UUAA detectou varias ofertas de leite a da citada marca “Campo Nuestro” nos lineais dos supermercados da citada cadea galega o que contravén o Protocolo de Banalización aprobado no marco do Acordo Lácteo para evitar o uso do leite como produto reclamo e para poñer freo a este modelo de actuación comercial completamente tóxico para a supervivencia do sector lácteo.



 



O sindicato chama aos consumidores e consumidoras a que fagan unha compra responsable e solidaria coas familias de gandeiros que teñen que malvender a súa produción para que os donos de empresas como Gadisa sigan engordando as súas contas de beneficio. Para UUAA supón un exercicio maiúsculo de cinismo por parte da cadea Gadisa que se envolve na bandeira de Galicia nos seus reclamos publicitarios mentres  impulsa medidas comerciais escuras que suman mais risco a un sector económico, que como o lácteo, viven na maior incerteza xurídica e económica polas presións que están a sufrir os produtores por parte das industrias para que asinen contratos a prezos de miseria e sen garantías.



 



O Protocolo de Banalización forma parte dos acordo lácteo de setembro de 2015 e de acordos posteriores dentro da interprofesional láctea, para mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venta de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, que poñan en perigo os elos máis febles da cadea.



 



A organización agraria esixe unha vez máis as administracións que vaian máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e que faga o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor para o leite, xusta. UUAA vai a manter unha actitude vixiante nos distintos centros comercias para denunciar publicamente a aqueles que atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia.














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web