Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


16/03/2018

UUAA PIDE QUE NON SE ABANDONE OUTRA VEZ ÁS CENTOS DE GRANXAS QUEDARON FORA DOS PLANS DE MELLORA EN 2017/16
O prazo dun mes é escaso para xuntar a documentación para as solicitudes

Santiago, 16 de marzo de 2018.- Ante a nova convocatoria de Plans de mellora para as explotacións gandeiras que aparece hoxe no DOG, o sindicato Unións Agrarias denuncia que a priorización á hora de recibir axudas das granxas que solicitan incorporación de mozos sobre as demais, vai a deixar fora outra vez a moitas das mellores granxas galegas polo mero feito de que os titulares non teñan un fillo para incorporalo a  actividade.



Por outra banda desde a organización agraria tamén se critica o escaso prazo, -apenas un mes desde o anuncio- que se dá para poder conformar a documentación do expediente. Ademais para conseguir licenza de obras nos concellos provoca que se retrase moito a tramitación una situación pode levar a que moitos produtores fagan desembolsos para tramitacións que finalmente non van valer para nada por quedar fora de prazo.



Desde o sindicato considérase completamente inxusto que se rebaixe a porcentaxe de investimento máximo da Xunta que pasou dun 60% a un 50%. Deste xeito os titulares de explotacións teñen que facer fronte a un maior desembolso ante un horizonte de mercado complexo a pesar do cal, apostan por impulsar o rural a pesar da pouca vontade política da conselleira Ángeles Vázquez, que ao longo de 2017 amosou unha total desatención e falta de sensibilidade as graves crises que provocaron a seca, as xeadas e os incendios forestais no sector primario.



Por outra banda UUAA espera que se actúe desde a Xunta contra a política recadatoria do Ministerio de Hacienda que insiste “facer caixa” grazas as axudas recibidas de Medio Rural naquelas explotacións que rexistraron incorporación de xoves á actividade agrogandeira.



Finalmente UUAA tamén pide que se axilice a chegada da totalidade dos fondos previstos da PAC as explotacións que levan moito tempo dispoñibles para poder ser librados por parte da Xunta, dado o momento de especial dificultades para o medio rural.










































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web