Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


11/05/2018

UUAA CREE INASUMIBLE AMBIENTALMENTE A MINA DE TOURO
Inicia un calendario de charlas informativas cos veciños afectados polo proxecto

Viernes, 11 de maio de 2018 Unións Agrarias desenvolverá charlas informativas sobre a defensa da propiedade, aos afectados polo porxecto da Mina de Touro- O Pino, e que afecta a veciños e profesionais da agricultura e a gandeiría de tres parrquias de O Pino (Arca, Cebreiro e Cerceda) e oito parroquias de Touro, (Bama, Enquerentes, Foxás, Fontes Rosas, Loxo, Prevediños, Touro e Vilar).



Así se acordou tras varios encontros mantidos con agricultores e gandeiros afectados por este proxecto de minería a ceo aberto, que afectaría directamente a 2000 ha de propiedade rústica, e alomenos á base territorial de 47 explotacións agrarias, moitas delas en mans de xente nova recén incorporada e que teñen nesta actividade a súa forma de vida, se ben nestes dous Concellos hai censadas ata 161 explotacións agrogandeiras potencialmente afectadas por distintos impactos ambientais de desenvolverse a totalidade deste proxecto.



Unións Agrarias considera que a minería é un sector fundamental para o desenvolvemento económico e social, sendo un sector importante para o rural galego. Non obstante os proxectos a desenvolver teñen que ser sostibles e ter un impacto ambiental e social asumible. O proxecto desta mina de cobre a ceo aberto, está fora da realidade social e ambiental de Galicia, cun alto potencial contaminante, e que precisa dunha macro balsa de residuos, con taludes de ata 90 m de altura, que afectarán irreversiblemente ao lugar de Arinteiro, que non tería máis alternativa que o abandono do núcleo de poboación.



Asemade esta mina teria un altísimo impacto nunha comarca de vocación agraria, con numerosas explotacións de leite punteiras, e unha industria láctea queixeira consolidada. Polo que os seus efectos sobre o sector agrogandeiro serían inaceptables. Asemade se estima que incurre en graves problemas de incerteza e riscos medioambientais, relacionados con lixiviados de metais pesados en plena cunca do río Ulla.



Por todo elo, e dada a iniciativa da empresa promotora, de presentar precontratos de compra de propiedades afectadas polo desenvolvemento directo do proxecto, Unións Agrarias celebrará nas vindeiras datas, accións informativas sobre a defensa da propiedade afectada por concesións administrativas ou proxectos declarados de Utilidade Pública, na que colaborará a Asociación Vento Noso de afectados por parques eólicos, quen trasladará aos veciños a súa experiencia neste tipo de procesos de negociación.



Para máis información:



Jacobo Feijoo. Responsable de D. Rural de UUAA. 639630140.










































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web