Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


23/05/2018

UUAA PIDE AO MINISTERIO DESOIR O INFORME DE COMPETENCIA
Solo busca frustrar o etiquetado en orixe do leite que xa rexe en 6 países

Santiago, 23 de maio de 2018.- A organización Unións Agrarias esixe que o Ministerio de Agricultura deixe de escoitar as teorías de falso liberalismo que se desprende do último informe da Comisión Nacional da Competencia e os Mercados, e poña de en funcionamento de xeito inmediato o etiquetado obrigatorio do leite e derivados con indicación de orixe.



 



A CNMC como xa é habitual, volta a atacar a viabilidade das explotacións lácteas de Galicia, intentando frustrar a aplicación dunha norma que xa está operativa en países como Francia, Portugal, Italia, Finlandia, Lituania ou Grecia e que busca dar resposta a un desexo dos consumidores que nunha porcentaxe dun 90%, segundo un estudo do MAPAMA, prefire saber a zona de produción do leite que merca.



 



Para UUAA, cada día faise mais necesario unha revisión da composición e funcións dun órgano político dependente do Ministerio de Economía como é a CNMC, que chega a xustificar as prácticas de venda a perdas por parte das grandes superficies que tan perxudiciais son para os gandeiros e por outra sinte preocupación polas consecuencias das decisións que poidan tomar os consumidores unha vez informados da orixe do leite.



 



Unións Agrarias lembra que en Francia desde que se puxo en marcha en 2015 o selo “Made in France” que sinala o leite recollido e envasado en Francia, as caídas das importacións deste alimento superan o 45%. E por outra banda hai que destacar que foi a propia Comisión europea a que posibilitou este etiquetado como unha medida de protección dos dereitos dos consumidores.



 



Finalmente, UUAA agarda que o Ministerio de Agricultura non contribúa a converter aos produtores en reféns da alianza da CNMC con industrias e distribución, porque tería unha resposta a medida desa inxustiza.



 



 



Voceiro: Oscar Pose, responsable de Desenvolvemento Rural de UUAA, Tel: 628 433 617










































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web