Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


25/05/2018

OS GANDEIROS, DESMOTIVADOS CO ACORDO LÁCTEO, VALORAN DEIXALO
Mais de dous anos despois da sinatura, o Ministerio case nada cumpriu do acordado

Santiago, 25 de maio de 2018.- A organización Unións Agrarias insiste en que se active de xeito inmediato o decreto que desenvolve do Acordo lácteo de setembro de 2015, senón carece de sentido permanecer no mesmo posto que non atende a ningún dos obxectivos que motivaron a súa existencia, identificación de orixe do leite e sustentabilidade das explotacións a través dunha cadea de valor xusta.



 



Logo da última coartada, en forma de informe da CNCM, que o Ministerio de Agricultura aporta á industria e distribución para que sigan espremendo aos gandeiros con contratos de miseria, e que os manteñen en prezos na cola de Europa e España, UUAA esixe ao Goberno que deixe de escoitar as teorías de falso liberalismo da Comisión Nacional da Competencia e os Mercados, e poña en funcionamento xa o etiquetado obrigatorio do leite e derivados con indicación de orixe.



 



Non se trata de restrinxir a entrada de leite doutros países, senón de informar aos cidadáns da procedencia dun alimento de proximidade que polo feito de ser envasado ás poucas horas despois de ser muxido, ten obviamente unhas características específicas respecto daquel que viaxa miles de quilómetros no interior dunha cisterna.Non existe ningunha razón para non facelo xa que o informe da CNMC non é vinculante e solo fai recomendacións sen fixar ningunha prohibición. Sería absurdo que así fora posto que amparándose no mesmo dereito comunitario, países como  Francia, Portugal, Italia, Finlandia, Lituania ou Grecia están aplicando unha norma que so busca dar resposta a un desexo dos consumidores que nunha porcentaxe de mais do 90%, prefire saber a zona de produción do leite que merca.



 



Para UUAA, cada día faise mais necesario unha revisión da composición e funcións dun órgano político dependente do Ministerio de Economía como é a CNMC, que chega a xustificar as prácticas de venda a perdas por parte das grandes superficies que tan perxudiciais son para os gandeiros e por outra sinte preocupación polas consecuencias das decisións que poidan tomar os consumidores unha vez informados da orixe do leite.



 



Unións Agrarias lembra que en Francia desde que se puxo en marcha en 2015 o selo “Made in France” que sinala o leite recollido e envasado en Francia, as caídas das importacións deste alimento superan o 45%. E por outra banda hai que destacar que foi a propia Comisión europea a que posibilitou este etiquetado como unha medida de protección dos dereitos dos consumidores. Finalmente, UUAA agarda que o Ministerio de Agricultura non contribúa a converter aos produtores en reféns da alianza da CNMC con industrias e distribución, porque tería unha resposta a medida desa inxustiza.



 



 



Voceiro: Oscar Pose, responsable de Desenvolvemento Rural de UUAA, Tel: 628 433 617 










































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web