Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


05/06/2018

UUAA ADVIRTE QUE O SECTOR CUNÍCOLA ENTROU EN PERDAS
Reclama axudas de mínimis e promoción do consumo de carne de coello

Santiago 5 de xuño.- O sindicato Unións Agrarias advirte da grave crise de prezos que está a poñer contra as cordas ao sector cunícola galego. Nunha reunión que tivo lugar na mañán de hoxe na Consellería de Medio Rural, Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA e Maria Antonia Almansa, presidenta de Progacun, trasladáronse a Belén Docampo, directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias as dificultades polas que están atravesando as 230 granxas de coellos que subsisten en Galicia.



 



No encontro púxose de manifesto a gravidade da situación cando os custes de produción  superan os 1,80 euros/quilo, mentres que o prezo en orixe da carne de coello apenas acada 1,60 euros/quilo. Desde UUAA reclamouse a activación inmediata de axudas de mínimis ata o máximo que permite a lexislación comunitaria. En paralelo, solicitouse da Xunta de Galicia que se implique nas campañas de promoción deste tipo de alimento para reactivar o seu consumo.



 



Da supervivencia deste sector dependen tamén máis de 600 postos de  traballo, aos que hai que sumar os empregos que xeran os matadoiros e os distribuidores de pensos. Galicia é a segunda produtora de coellos, detrás de Cataluña, cun 15% da carne de España, grazas ao esforzo que  malia a crise, as explotacións fixeron para modernizarse e agrandar a produción.



 



Uns investimentos que agora se ven comprometidos pola caída de prezos que axudaría a reverterse se as administracións se implicasen na aposta polas carnes diferenciadas e polos mercados de proximidade como nichos de mercado que permitan unha revalorización do produto e unha aposta pola satisfacción dos consumidores que non desexan unha carne estandarizada.



Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA. Tel: 636 489 512










































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web