Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


20/07/2018

O VOGAL DE UUAA NA D.O. VALDEORRAS DENUCIA INSULTOS E ACOSO DENDE O ENTORNO DO PRESIDENTE DO CRDO
Desde que UUAA denunciou no xulgado xestión irregular do consello

Valdeorras, 20 xullo de 2018.- O vogal de Unións Agrarias no pleno do CRDO Valdeorras, Evaristo García, denunciou onte diante da Garda Civil a persecución e insultos que ven recibindo de persoas do entorno do actual presidente do consello regulador, Xosé Luis García Pando, desde que o sindicato o xulgado de O Barco admitiu a trámite a demanda de UUAA contra a xestión económica irregular que en opinión do sindicato se veu producindo da citada denominación de orixe.

Tal como refire o representante sindical, no escrito presentado no posto da Garda Civil de A Rúa, son constantes as mensaxes de texto inxuriosas que lle remite José Luis Murcia Sotos, que na actualidade traballa como enólogo da adega do presidente da denominación de orixe, Xosé Luis Pando. Neste sentido, aporta na denuncia as capturas de pantalla nas que se pode ler e tamén as ameazas a súa integridade.

Desde Unións Agrarias, advírtese que ningunha destas impresentables actitudes van a conseguir o que parece que é o seu obxectivo, a retirada da denuncia por malversación na xestión dos cartos dos viticultores na denominación de orixe Valdeorras.

Se non se pon freo a este acoso, o sindicato vai a estudar cos seus servizos xurídicos estender a denuncia de Evaristo García a aquelas persoas que poidan estar detrás da actitude do traballador da adega do presidente do CRDO Valdeorras.



Voceiro: Xose Ramón González responsable de Agricultura de UUAA, 636 489 512














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web