Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


27/07/2018

UUAA ALERTA DA INCIDENCIA DO MILDIO NAS D.O. OURENSÁS
A baixa eficacia dos funxicidas está a provocar perdas e sobrecustes

Santiago, 27 de xullo de 2018.- Unións Agrarias alerta do impacto que está a ter o mildio nas denominacións de orixe ourensás de viño. Cos datos que están a recoller os técnicos da organización xunto coas informacións que chegan da man dos produtores as distintas oficinas do sindicato, pódese xa facer unha primeira estimación de perdas nas colleitas de uva, podendo chegar ó 30% no Ribeiro, un 25% en Valdeorras e un 20% en Monterrei.

Na raíz desta praga está a perda de eficacia que se está a detectar nos funxicidas que se aplican as vides. Así os produtos que se comercializan cada vez posúen menos substancias activas o que obriga a un uso constante dos fitosanitario pasando de aplicar tratamento cada 15 días a ter que aplicalos cada 7, e aínda así non hai garantía de que a enfermidade non apareza na planta.

Xunto cosas perdas, desde UUAA quere poñerse de manifesto que o incremento no uso dos pesticidas, tamén está a provocar un incremento nos custes de produción de mais dun 20% polo gasto de sulfatos e de man de obra para aplicalos. Neste momento o gasto por hectárea xa pasou de 4.000 a 5.300 euros.

Desde o sindicato, advírtese que se non se toman medidas para corrixir esta realidade moitos dos colleiteiros terán que pechar a actividade porque é imposible aguantar os sobrecustes co histórico do prezo da uva nas denominacións de orixe afectadas.
Unións Agrarias, lembra que viticultura nas DO ourensás ten un marcado carácter social, tanto pola tipoloxía da base produtora como pola importancia que esta actividade ten no mantemento demográfico e medioambiental nas súas comarcas.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA, tel: 636 489 512














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web