Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


08/08/2018

A VAGA DE CALOR DEIXOU UNHA ALTA MORTALIDADE AVÍCOLA
UUAA cifra en mais dun 5% as perdas de animais nas granxas galegas

Santiago 8 de agosto de 2018.- O sindicato Unións Agrarias alerta que durante a pasada vaga de calor as granxas avícolas de Galicia sufriron perdas de animais que no cómputo global alcanzaron os 500.000 exemplares o que pode supoñer un 5% da cabana de polos que se crían nas arredor de 800 granxas galegas.

Moitas das explotacións levan varios días retirando cadáveres de aves que nalgún caso superaron os 4.000 o que supón o 20% do continxente en produción dunha explotación avícola media, uns 18.000 polos.

Desde a asociación sectorial de UUAA para o sector avícola, ACRIAGA, estase a manter unha monitorización da situación para elaborar un mapa de perdas nas distintas zonas produtoras de Galicia e en especial en Ourense e e Pontevedra, onde se acadaron as temperaturas mais extremas. Ademais das perdas motivadas pola mortalidade dos polos, as explotacións están vendo caer a rendabilidade polo incremento disparado no gasto de enerxía para refrixeración.

En Galicia a produción de carne de polo está en réxime de integración, é dicir, o avicultor encárgase da cría, garda e engorde dos poliños e a empresa integradora proporciona os poliños e o penso. En 2017 o volume de comercial do sector galego acadou as 196.000 toneladas o supón un volume de facturación de 400 millóns de euros.

Na actualidade en Galicia críanse arredor 13 millóns de polos, unha actividade económica que da emprego a 5.000 persoas.














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web