Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


10/08/2018

Ruraltivity, a Lanzadeira de Emprendementos Rurais, concreta xa iniciativas de amplo potencial social e económico.


Santiago, 10 de Agosto de 2018. A Federación de Mulleres Rurais de Galicia, FADEMUR, a través do programa Ruraltivity, presta atención personalizada a a un amplo abano de mulleres emprendedoras no ámbito rural galego. O programa está dirixido ás persoas con necesidades educativas ou de inserción laboral, con especial incidencia no ámbito rural, para favorecer a súa empregabilidade e promover a inclusión social.

Con esta iniciativa se fomenta o autoemprego e o emprendemento social, favorecendo a igualdade de oportunidades de trato entre mulleres e homes no ámbito rural, para loitar contra calquera tipo de discriminación por razón de xénero. FADEMUR fomentao traballo en rede e a xeración de canles de intercambio entre as participantes do programa para consolidar os proxectos de autoemprego ou iniciativas empresariais.

Os piares nos que se asenta Ruraltivity son o emprendemento social, o emprendemento verde e a economía circular. As beneficiarias do programa se atopan en diferentes fases: semilleiro de ideas, xerminación de ideas e floración e froitos.

Unha delas é Rita Neira, quen seguindo a tradición familiar montou unha minitenda de ultramarinos no lugar de Vistalegre en Soutolongo (Lalín) onde oferta produtos de tempada, naturais e directamente recollidos da súa horta. Outra beneficiaria é Sara Valcárcel (A Estrada) quen desenvolveun proxecto artístico chamado “Noaltodopoleiro”. Retrata, dun xeito moi persoal, lugares máxicos da nosa terra e outros máis afastados en papel e téxtil.

Marta Isla, de As Ermidas (Ourense) co seu proxecto “Ecoermis” elabora artesanalmente cosmética natural, con produtos 100% ecolóxicos e aceites esenciais de alta calidade, con produtos veganos, sen tóxicos e que non xeran lixo.

Outras beneficiarias da Lanzadeira de Emprender@s Ruraisde Fademurque se atopan na fase de floración e froitos son: Lucecús (artesanía en feltro), Tres Caracoles (artesanía en coiro), Mamá Teresa (doces artesanais) ou Licores Os Maios (licores artesanais)

Na Lanzadeira da Federación de Asociacións de Mulleres Ruraisademais de realizar un asesoramento personalizado e con perspectiva de xénero ás emprendedoras, se ofrecen cursos na plataformawww.ruraltivity.com e formación presencial sobre novos xacementos de emprego, cultura emprendedora e as TIC.














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web