Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


30/08/2018

AGRICULTORES E GANDEIROS QUEDAN SÓS FRONTE ÓS DANOS DO XABARIL NAS COLLEITAS
Danos masivos do xabaril no millo en plena campaña

Xoves, 30 de agosto de 2018 – Unións Agrarias pide a colaboración de cazadores e da Consellería de Medio Ambiente para facer fronte aos danos do xabaril na agricultura, ante os ataques das mandas aos cultivos de millo que están en pleno proceso de maduración e que está a comprometer seriamente a viabilidade de moitas explotacións que dependen deste cultivo básico para a alimentación do gando o resto do ano.

As principais zonas produtoras de millo se están a ver afectadas estes días polos ataques de mandas de xabaris, que buscan as espigas como alimento, unha vez que comenzaron a madurar. O millo ten que agardar ainda un mes nalgunhas zonas, e de non actuarse de inmediato, moitas explotacións perderán a produción indispensable para ensilar e garantir a alimentación do gando durante o inverno.

Dase a circunstancia de que dende o pasado 25 de agosto está aberta xa a veda do xabaril, poidendo os TECOR e Sociedades de Caza, comenzar as batidas e as distintas accións de caza libremente, o que serviría para protexer os cultivos. Non obstante en moitas zonas se está a retrasar este inicio de temporada de caza, por falta de colaboración dos cazadores.

Ante esta situación, Unións chama a unha colaboración plena e inmediata dos cazadores, e exixe a implicación da Consellería de Medio Ambiente, para que comunique de inmediato aos TECOR a necesidade de actuar seriamente, e durante estas semanas previas á recollida da colleita, inicien a caza con criterios preventivos e de protección de cultivos, e con accións que tendan a alonxar as mandas do xabaril dos cultivos cara o monte, e non ao revés.

Teñen que poñerse en marcha boas prácticas e mecanismos que permitan a comunicación entre os cazadores e os agricultores e gandeiros en cada zona, de xeito que os cazadores estean conscientes dos calendarios de cultivos en cada parroquia, e saiban as épocas de risco e actúen en consecuencia con medidas que impidan o libre acceso dos animais ás parcelas cultivadas. A caza é a día de hoxe unha ferramenta de xestión da fauna salvaxe, e os cazadores e a Consellería de Medio Ambiente, teñen que tomar as medidas necesarias para que esta xestión redunde na protección dos cultivos.

Asemade, Unións Agrarias emplaza a Administración e Cazadores a sentarse con representantes do sector agrario, para consensuar reformas da Lei de Caza de Galicia, que permitan afrontar as medidas precisas para solucionar o gravísimo problema do descontrol das poblacións de xabaril no medio rural galego, e do control dos danos que producen, a nivel de explotacións profesionais, e a nivel da agricultura a tempo parcial e horta familiar, que tamén están a desaparecer en moitas zonas de Galicia ante a súa inviabilidade polo efecto das mandas de xabarís. Incluida a declaración de plaga cando así fora preciso.

Igualmente os xabarís constitúen un claro risco para o tráfico rodado, con 1,5 incidentes de tráfico diarios nas carreteras galegas que non cubre o seguro básico obrigatorio de circulación, á vez que desequilibran as poboacións do resto da fauna silvestre, da que son predadores. Problema especialmente agudo nas zonas protexidas e Espazos Naturais, onde a caza e o control destas poboacións teñen limitacións legais. O descontrol das poboacións de xabaril polo tanto é un problema que nos afecta a todos, non só a agricultores e gandeiros e precisa de inmediata xestión racional.














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web