Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


09/10/2018

AS PRODUTORAS GALEGAS RECIBEN UN 40% MENOS DE AXUDAS DA PAC QUE NO CASO DOS OS HOMES
Fademur Galicia participa no encontro estatal do Día internacional das mulleres rurais

Santiago 9 de outubro de 2018.- A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais – FADEMUR, celebra este ano o seu encontro anual en Córdoba onde reivindicará o papel protagonista das mulleres na PAC.

Catrocentas mulleres procedentes de toda España, daranse cita en Córdoba para conmemorar o Día Internacional das Mulleres Rurais, e sobre todo, pedir un papel protagonista na Política Agraria Común, acorde co papel destacado que teñen no mundo rural.

Neste ano, dende FADEMUR, quere poñerse o acento en que a perspectiva de xénero sigue estando ausente dentro da PAC que conta xa con máis de 50 anos de historia. Por iso a maiores de solicitar unha mellor dotación económica para a mesma, queren lanzar unha mensaxe clara na liña do sinalando pola ONU Mujeres na súa campaña #AhoraeselMomento e que esta apoiando.

Esta campaña, busca promover a autonomía das mulleres rurais, ao contemplalas como o verdadeiro motor do desenvolvemento rural, do avance das comunidades locais e como o elemento imprescindible para o sostemento da agricultura familiar, básicas para garantir a alimentación no mundo.

No territorio europeo soamente o 30% das explotacións agrícolas e gandeiras están son propiedade de mulleres. E que ao longo de todos este anos a PAC tense configurado como un elemento discriminatorio no financiamento das mesmas.

Analizando os datos de reparto das axudas da PAC do ano 2016 (último publicado) podemos observar como as mulleres saen sempre en desvantaxe, conformando as axudas da PAC unha auténtica “fenda salarial rural”.

En España as mulleres representan o 37,3% das persoas perceptoras das axudas directas da PAC. (27.9815 mulleres, fronte a 47.0387 homes), percibindo de media un 36,67% menos cada unha de nós (3.483€ as mulleres, fronte a 5.500€ os homes).

Se falamos dos datos galegos, as mulleres supoñen o 57,6% das persoas perceptoras das axudas directas da PAC. (16.495 mulleres, fronte a 12.147 homes), o que non significa que teñan un diferencial menor, todo o contrario, en Galicia están percibindo de media un 40,53% menos (3.103€ as mulleres, fronte a 5.218€ os homes).













































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web