Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


18/10/2018

UNIÓNS PIDE UN PACTO SOCIAL PARA FREAR OS DANOS DA FAUNA SALVAXE
As comarcas agrarias de Galicia soportan unha poboación de uns 160.000 xabaríns

Santiago, 18 de outubro de 2018.- Unións Agrarias ven de expoñer á nova conselleira de Medio Ambiente, que a situación crónica de danos do xabaril no agro galego, este ano está fora de todo control e vai a máis. Roberto García, secretario xeral de UUAA, na necesidade de ir a un novo “pacto social” da sociedade galega para a xestión da fauna salvaxe, de forma que as súas poboacións sexan compatibles co desenvolvemento da actividade produtiva no rural, e de xeito que os danos se lles indemnicen aos profesionais agrarios, que ata o día de hoxe son quen están pagando o custe do descontrol das poboacións de xabaril, e que non só xeran danos na agricultura, senón que supoñen un serio desequilibrio medioambiental, un risco de epidemias zoosanitarias e asemade un grave problema para a seguridade víal, con tres accidentes de tráfico diarios nas estradas galegas.

Na xuntanza mantida co Ánxeles Vázquez, o sindicato acordou remitir nos próximos días un informe feito polos servizos técnicos de Unións Agrarias, onde se estima a poboación de xabaril en Galicia no entorno de 160.000 animais, dos que se estarían a abater cada ano un 10%. As poboacións de xabaril se veñen duplicando cada catro anos e medio dende o ano 2001, e si ben parece existir un certo estancamento do número de xabarís nos últimos 3 anos, os danos no rural non diminúen e van a máis.

Este informe sitúa os danos directos do xabaril no agro galego nos 15 millóns de euros na última campaña 2017-2018, o que supón unha media de 33.600 euros para cada un dos 454 TECOR de Galicia, ou 312 euros de custe por cada licencia de caza.

Os danos por superficie afectada se reparten maiormente no millo 55%, seguido polas pradeiras cun 35%, e o restante 10% repartido en cultivos como castaña, pataca, horta e vide. A estes danos directos habería que sumar o lucro cesante das terras que xa non se poñen en cultivo e se abandonan ante a expectativa de danos seguros do xabaril, o que aumenta o abandono do agro, a invasión do mato e incrementa o risco de incendios forestais.

Unións tamén chama a atención no seu informe dos aproximadamente 1.100 atropellos de xabaril ao ano nas carreteras galegas, que suman outros 4 millóns de euros en danos a vehículos, sobrecuste no seguro de circulación e risco xeralizado nas estradas galegas.

Unha vez constatado o fracaso do modelo seguido ata o de agora para controlar as poboacións de xabaril, e os danos que inducen, ademáis do risco de propagación ao gando doméstico de enfermedades emerxentes como a peste porcina, o sindicato trasladou á Consellería a necesidade de novas medidas urxentes a poñer en marcha.

Unións ten preparado un decálogo de medidas para a súa posta en marcha, entre outras a obriga dos TECOR de contar cun Plan de Prevención e Control de danos do xabaril, a eliminación dos espazos vedados de caza para o xabaril, as boas prácticas cos entrenamentos dos cans para alonxar os xabaríns das zonas de cultivo, e intervencións da Xunta para regular poboacións nos Espazos Naturais Protexidos. Asemade medidas para a redución drástica das poboacións de xabaril ata niveis compatibles coa producción agraria nas zonas de alto interese agrario, e a posta en marcha de liñas de axudas preventivas e de indemnización de danos a través do Fondo de Corresponsabilidade que figura na Lei de Caza de Galicia.













































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web