Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


22/10/2018

EN 2018 REXISTRARONSE XA 1.180 ACCIDENTES DE TRÁFICO POLO XABARIL
Para UUAA esta cifra revela a gravidade da praga que esta afectando a toda Galicia

Santiago, 22 de outubro de 2018.- Unións Agrarias ven de participar esta mañá na reunión do Plan de Acción Global para a Xestión do Xabaril, convocada pola nova Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo. Nesta reunión participaron tamén representantes de estradas da Xunta e do Estado, Seprona, Tráfico, Garda Civil, e Federación de Caza.

Esta iniciativa da Xunta nace da preocupación da organización agraria polos danos das poboacións dos xabarís na agricultura galega na presente campaña produtiva. Todos os presentes coincidiron en que os danos van a máis na agricultura, e nas vías de comunicación, reportándose 1.180 atropelos de xabaril nas estradas galegas no que vai de ano.

Eso a pesares das 20.000 batidas e 16.180 xabaríns abatidos no que vai de campaña. E que son precisas novas medidas que permitan un cambio de tendencia, que permitan recuperar a tranquilidade nos produtores agrarios, a seguridade vial nos viais galegos, e o equilibrio ecolóxico nos espazos protexidos. Así como poñer baixo control o risco de contaxio de de enfermidades á cabana gandeira galega, tanto bovina como porcina, preocupando especialmente o brote de peste porcina africana de Bélxica. Datos todos que abundan na necesidade de controlar e xestionar as poboacións de xabaril.

Unións Agrarias trasladou as súas iniciativas, que incluirían a reforma da Lei de Caza de Galicia, a fin de permitir unha maior eficacia das esperas, eliminar os vedados de xabaril, e establecer a obriga aos TECOR e sociedades de caza de presentar un plan de prevención de danos anual, onde figurasen as zonas de cultivo de cada TECOR, a época de risco de ataques do xabaril, e as actividades programadas para evitalos con accións preventivas, e medidas paliativas. Asemade pediu a nova convocatoria de axudas para prevención e pago de danos, que levan sen convocarse dende o ano 2009, coparéntese da convocatoria extraordinaria do ano 2016.

Igualmente Unións Agrarias, solicitou a posta en marcha dun Plan Piloto de control de danos, propoñendo a comarca do Deza para a súa execución, pola especial problemática que concurre nela, pola alta actividade agraria e a igualmente alta incidencia de danos. Para elo iniciará contactos coas cooperativas e os TECOR nas próximas semanas, nas que irá concretando a proposta técnica.














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web