Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


15/11/2018

UNIÓNS AGRARIAS DENUNCIA O AGRAVAMENTO DA DEPRECIACIÓN DA PROPIEDADE RURAL NO ANTEPROXECTO DA LEI DE ACOMPAÑAMENTO
As medidas de reformas da Lei de Acompañamentos inciden na depreciación da propiedade rural e na inseguridade xurídica

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018 Unións Agrarias  e Vento Noso veñen de expoñer en rolda de prensa, a situación de depreciación e a inseguridade xurídica que está a xerar o actual marco de valoración e expropiacións das fincas do rural, e as cargas adicionais sen compensacións económicas que se lle están a impoñer aos habitantes do rural de forma encuberta, e como esta situación se agrava con distintas medidas de modificacións legais, previstas no anteproxecto da Lei de Acompañamento dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2019.



O sindicato e Vento Noso denunciaron a actual práctica de valoracións do Xurado de Expropiación de Galicia, ente administrativo dependente da Xunta de Galicia, que na práctica supón diferenzas de prezos de ata o 50% con respecto das valoracións de fincas análogas feitas polos Xurados Provinciais de Expropiación, dependentes da Administración do Estado. Esta situación é particularmente notable no caso das valoracións por servidumbre, onde as rebaixas do XEG se acumulan nos últimos anos, pasando dunha valoración para as servidumbres do 75%  do prezo de tasación, a un 30% que se está aplicar actualmente. Esto supón unha composición de prezo tasado discrecional, e sempre en prexuizo do expropiado. Esto é relevante na actualidade polas múltiples expropiacións que serán precisas nos próximos meses no marco da execución de parques eólicos e liñas eléctricas asociadas ás últimas subastas de enerxía renovables, que afectarán a miles de propietarios, e que teñen que estar executadas antes do fin de plazo no 31 de decembro de 2019.



A esto hai que engadir a práctica xurídica do TSXG, que nos pleitos de recursos ante discrepancias coas valoracións dos Xurados de Expropiación, supón que os custes do procedemento xudicial que pode ter que afrontar un propietario rústico, supere con moito o valor real da finca en litixio, o que supón un elemento disuasorio de primeira orde para recurrir á xustiza.



Estas tendencias de depreciación do valor do solo rural, teñen a súa continuación e vense agravadas coa introdución de distintas reformas legais que se inclúen na Lei de Acompañamento dos orzamentos da Xunta para 2019.



Así facultades de expropiación que eran exclusivas da Administración, poderán ser exercidas por persoas ou órganos non administrativos, o que supón unha privatización de facultadas expropiatorias. O que se pode entender como o preludio da privatización expropiatoria.



Esta Lei  de Acompañamento contempla igualmente a limpeza obrigatoria do perímetro dos parques eólicos, o que en moitos casos suporá unha carga para propietarios que non foron expropiados, pero que sí terán agora que contribuir gratis ao mantemento do parque eólico. Esta situación se extende aos propietarios lindantes con liñas eléctricas, que terán que facerse cargo da limpeza dunha franxa adicional de 5 m, paralela a franxa expropiada pola compañía eléctrica, supoñendo de novo unha carga para un propietario, que non se ve compensado.



A falta de regulación clara sobre que se entende como “perímetro de parque eólico” fai que a superficie afectada por esta norma sexa arbitraria, poidendo oscilar a ta dez veces dependendo do promotor eólico.



Unións Agrarias demanda un cambio de rumbo da Xunta de Galicia no que atinxe a esta tendencia de depreciar o valor da propieade rural, e de cargar máis e máis con obrigas e servidumbres non compensadas aos habitantes do rural, para o cal pide que se eliminen do texto da Lei de Acompañamentos no trámite de debate e enmendas no Parlamento,  todas estas disposicións que son perxudiciais para o desenvolmento rural de Galicia.














































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
Nota legal - privacidade - cookies   
diseño web